Saltar navegación

Practicamos o aprendido

a) Canto calculas que tardaría, como mínimo, unha gota de auga que está nun río en volver a el pasando por un glaciar
b) E unha gota que está nun ser vivo en chegar a outro tras pasar por un río?
c) Na historia da Terra, cres que unha gota de auga puido pasar varias veces por un reservorio e formar parte de diversos organismos? Por que?

Como pode chegar ao mar unha gota de auga que está no teu corpo?

Escolla múltiple

Pregunta

A auga doce flúe desde os continentes cara aos océanos. Faino en superficie polosríos, e tamén, máis lentamente, por debaixo do solo, polas augas subterráneas. Que proceso fai que a auga volva ascender desde os mares e océanos ata as montañas?

Respostas

O sol

A condensación das nubes

A evaporación

A chuvia

Retroalimentación

Investiga

Por que son tan importantes as augas subterráneas? Son moi sensibles falando de contaminación das augas?

BY-NC-SA