Saltar navegación

Practicamos

Cando quencemos unha sustancia, subministramos enerxía para pasar de sólido a líquido.

a) Que pensas que sucede coa enerxía cando a substancia en estado sólido se solidifica?

b) Que pasa coas moléculas?

Identifica a sustancia

Observa os datos dos puntos de fusión e ebullición da gráfica. A que sustancia corresponde a gráfica?

Punto de fusión ºC Punto de ebullición ºC
Alcol -117 78
Benceno 5 80
Auga 0 100
Acetona -95 56

Investiga

A compañía REPSOL ten varios buques "metano" que transportan 153.000 m3 de metano en estado líquido. Para o transporte, o metano é licuado a -163 ºC. Unha vez que chegou ao seu destino, vaporízase para temperatura ambiente e, a través de tubaxes, distribúese ás casas.

a) Cal é o estado do metano a temperatura ambiente?
b) O gas ocupa un gran volume, polo que é transportado en estado líquido. Que cambios de estado experimenta o metano dende o momento en que se extrae dos depósitos ata chegar ás casas?
c) A que temperatura ferve o metano?

Pensa

Hoxe preparamos un prato de pasta! Poñemos a auga nunha pota grande e esperamos a que ferva antes de tirar a pasta
a) A que cambio de estado corresponde a ebulición?
b) Que gas crees que conteñen as burbullas que soben á superficie e estalan?
c) De onde saen as pingas de auga que vemos escorrer pola cuberta do pote? Que cambio de estado realizaches?

Actividade de encher espazos

Completa o esquema

s
Cambios de estado esquema mudo (CC BY-SA)

Habilitar JavaScript

BY-NC-SA