Saltar navegación

Os cambios de estado da materia

A materia pode cambiar d estado en función das condicións nas que se atope. Cada un dos cambios de estado ten un nome específico.

Nun dos casos se absorbe calor (fusión e vaporización) e noutros se desprende (condensación e solidificación). Que lle sucede á temperatura nestes cambios de estado?

A teoría cinética e os cambios de estado

Observa a seguinte imaxe, pincha aquí:

s
Curvas cambio de estado. TIGER.NCSSM (CC0)


Estado sólido: As partículas teñen un movemento de vibración moi limitado. A medida que aumentamos a temperatura a calor comunicada aumenta a súa temperatura e fai que vibren máis, e chega un momento, que esta calor é suficiente para romper as forzas que unen as partículas do sólido e facelas máis febles, como as que unen os líquidos: Cambio de estado sólido a líquido: Fusión. 

Vemos que a temperatura permanece constante neste cambio.

s
Curvas cambio de estado. TIGER.NCSSM (CC0)


Segue ascendendo a temperatura. A sustancia permanece en estado líquido moito tramo,. A calor suministrada, invírtese en aumentar o movemento de vibración das partículas, o cal fai que aumente máis a temperatura.

Cando a calor é suficiente, rómpense as forzas que fan que as partículas do líquido permanezan unidas.

Cambio de estado líquido a gas: Vaporización. De novo neste cambio, a temperatura permanece constante.

Finalmente todas as particulas pasan a estado gas e se moven con liberdade. A calo comunicada fai que as partículas se movan cada vez máis rápido. Pincha aquí para ver de novo a a animación. 

punto de fusión é a temperatura do momento no cal unha substancia pasa do estado sólido ao estado líquido. Nas substancias puras, o proceso de fusión ocorre nun momento determinado. Este punto non depende da presión. É unha propiedade característica da materia.

punto de ebulición é a temperatura á cal un elemento ou composto químico pasa do estado líquido ao estado gasoso, nunhas condicións de presión determinadas. Se o proceso é á inversa chámase punto de condensación. É unha propiedade característica da materia.

BY-NC-SA