TAREFA 2 NA PROCURA DOS SEGREDOS DA NOSA PAISAXE. IDENTIFICAMOS OS ELEMENTOS PRESENTES NA NOSA PAISAXE

¡¡Ok,!!.. xa temos a nosa ruta xeoreferenciada. agora toca enchela de contidos “interesantes” para que os visitantes queden prendados...

En calquera paisaxe galega podemos identificar unha serie de elementos que son froito de distintas dinámicas. Unhas, enmarcadas na natureza e outra, propias da evolución da nosa sociedade en todos as súas manifestacións: a económica, cultural, política, etc

Imos localizar na nosa paisaxe e, en particular, na nosa ruta todos os elementos presentes nela, clasificándoos segundo un esquema que coñeceredes de seguido

Nesta interesante tarefa ides coñecer moitos “segredos” da vosa paisaxe que os gustará relatar aos visitantes.

Traballo previo na aula

Antes de comezar a tarefa, imos facer unha pequena parada para ler o seguinte fragmento

Pagus. Galicia un país de paisaxes. Guía do profesorado". 2015. O documento vaise mostrar nunha xanela independiente

Actividades

Estándares de aprendizaxe asociados

PSB1.3.1 Identifica, caracteriza formalmente e localiza no mapa as xeoformas, a rede hidrográfica e as formacións vexetais recoñecibles nunha paisaxe.

PSB1.3.2 Identifica, caracteriza formalmente e localiza no mapa, segundo a paisaxe na que viva, o parcelario agrario, os tipos de asentamentos e a rede de mobilidade.

PSB1.4.1 Localiza nun mapa da súa zona de estudo as principais manchas-unidades presentes, caracterízaas e explica de xeito sinxelo as súas funcionalidades ecolóxicas.