TAREFA 2 NA PROCURA DOS SEGREDOS DA NOSA PAISAXE.
ACTIVIDADE 2.1.1 Identificar e localizar os “elementos estruturais”. A “Matriz biofísica” da nosa paisaxe.
EXERCICIO 2.1.1.1.2 A rede fluvial. A auga na paisaxe.

O traballo

O seguinte elemento abiótico que imos coñecer e localizar é “a rede fluvial” e outras láminas de auga presentes na nosa paisaxe. Sobre todo, a formación estrela da nosa contorna: a “lagoa da Frouxeira”. Nesta exercicio imos cargar no visor dous arquivos kmz titulados: “corredores ecolóxicos” e rede fluvial que nos permitirán localizar os ríos principais da nosa contorna: o río do Vilar e o río Magno; así como observar como é a estrutura desta sinxela e cativa rede fluvial

Responsive image
Responsive image
Responsive image
Responsive image

A “Lagoa e Areal de Valdoviño” sitúase entre as puntas Frouxeira e Faluchos. Esta xunto ao sistema dunar foron declarados Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Humidal de importancia internacional RAMSAR o 26 de marzo de 1993. Forman parte da Rede Natura integrada dentro do LIC Costa Ártabra que figura no Catálogo de Espazos Naturais da Xunta de Galicia.

A Frouxeira” é unha ampla lagoa costeira de auga salobre separada claramente do mar por unha barra areosa que presenta comunicación estacional co mar a través dun canle de desauge

Responsive image
Responsive image
Responsive image
Responsive image

Para saber máis

As augas das lagoas litorais, coñecidas en inglés como “lagoons” son de salinidade variabel, segundo a influenza, tanto das augas mariñas, coma das augas continentais.

Fonte: Soria, J.M., Sahuquillo, M., 2009. 1150 Lagunas costeras (*). En: V.V. A.A., Bases ecológicas preliminares para la conservación de los tipos de hábitat de interés comunitario en España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino. 303.

Recursos

Continuar