Comezaremos o traballo localizando o grupo de elementos abióticos (non vivos). Neste grupo os máis importantes son as formas do relevo –ou xeoformas-. Estas,xunto ás condicións climáticas, a edafosfera e a rede hidrográfica constitúen os “elementos estruturais de calquera paisaxe”.
Conforman o “escenario natural”, que aos nosos ollos asemella non cambiar ao longo do tempo.
As formas do relevo da nosa paisaxe determinan a súa singularidade, así que ímolas coñecer:
Garda esta información na súa marca de posición:
“A acción mariña erosiona nuns lugares e acumula materiais noutros. Naqueles no que domine a erosión aparecen os “sectores rochosos do litoral –na nosa paisaxe os cantís da Frouxeira e Punta Faluchos”.
Garda esta información na súa marca de posición:
“Naqueles sectores onde se acumulan os sedimentos arrastrados polas onda xorden as praias. Así que poderíamos definir unha praia como unha zona preferentemente areosa de tránsito ao mar con pendente suave”.
Garda esta información na súa marca de posición:
“Nas praias o vento é o responsable da creación das dunas. A area queda atrapada en calquera resalte e da orixe a dunas embrionarias ou primarias nas que comezan a aparecen os primeiros exemplares das plantas colonizadoras como as gramas ou o cardo mariño (“Eryngium maritimun”)
Garda esta información na súa marca de posición:
“Pequena illa situada no interior da lagoa da Frouxeira”.
Garda esta información na súa marca de posición:
“Emprazada fronte a praia grande da Frouxeira”.
Garda esta información na súa marca de posición:
“Importante estrutura xeolóxica situada ao leste da nosa unidade que se estende ata a localidade lucense de Monforte de Lemos. Trátase dunha “falla transformante senestra” (movemento horizontal), que fai de límite entre os materiais do Parautóctono e o Complexo de Ordes” .
As fallas: É importante coñecer a rede de fallas, a súa dirección predominante e a súa orixe destas liñas de debilidade para comprender mellor o puzle de formas de relevo que resultan dos procesos erosivos. Unha falla transformante é un tipo espacial de falla de desgarre (aquelas no que o desprazamento relativo é horizontal
Edafosfera: É a capa do solo. Este é un ente natural diferenciado dun material de partida -a rocha ou unha formacións superficial- mediante procesos de cambio ata acadar un equilibrio coas condicións ambientais. Este ente, no que se asenta a vida actúa de “interfase” da atmosfera, hidrosfera, xeosfera e a propia biosfera, xa que contén elementos de todas elas (aire, auga e materia inorgánica e orgánica).
Das 23 lagoas costeiras presentes en Galicia, A Coruña alberga a meirande parte (72%), sendo as de maior superficie Valdoviño, Doniños, Louro e Vixá
• Na zona do Faro de Meirás tivo lugar unha intensa actividade mineira para a extracción dun mineral rico en arsénico, chamado arsenopirita.