As rochas constitúen o “cemento” das paisaxes. A súa orixe e resistencia aos axentes erosivos é un factor chave para entender a nosa costa. Paga a pena coñecer un pouco mellor que tipos de rochas constrúen a nosa paisaxe. A diversidade rochosa é, en boa medida, responsable dunha das características máis representativas das Rías Altas: o carácter recortado que debuxa en planta. A excepción do tramo máis oriental da Mariña lucense, toda a costa galega resólvese con infinidade de entrantes e saíntes observables a todas as escalas. Pois ben, moitos daqueles correspóndense con rochas máis brandas que as que con-forman os saíntes (máis duras).
Lee o seguinte documento. A documento vaise mostrar nunha xanela independiente
Para resolver este exercicio visitaremos á seguinte páxina: http://mapas.xunta.es/visores/basico/ para saber que formacións litolóxicas están presentes na nosa área de estudo.
Unha vez nela, no menú principal haberá que despregar a opción: “MAPAS-VISUALIZADOR DE MAPAS”
Este é un visor moi semellante ao noso. Unha vez dentro da páxina do visor, na lapela de búsqueda situado na parte superior esquerda, escribiremos: VALDOVIÑO
Unha vez activada a cobertura, poderedes “picar” co cursor do rato en cada formación para coñecer cal é o seu nome e a súa xénese. Recolle esta información para poder empregala posteriormente no noso visor.
Se é posible realiza esta exercicio de visita a esta páxina web coa axuda do profesor/a de Ciencias Naturais. Unha vez apuntadas as diferentes formacións incluídas na nosa paisaxe (sobre todo interésanos coñecer moi ben aquelas que atravesa a nosa ruta); situaremos no noso visor diferentes marcas de posición co nome das formacións existentes na nosa zona de estudio. Imos poñer especial atención nos materiais que conforman as formas de relevo identificadas no apartado anterior (cantís, praia, illas, etc.). Para isto, te será moi útil, axudarte da cobertura WMS da litoloxía (consulta na axuda)