Imos continuar coa cartografía dos elementos e usos recoñecibles na nosa paisaxe, neste caso delimitando o correspondente ao parcelario agrario
Unha vez máis, trátase de que, desde o noso visor, delimitedes as zonas ocupadas polos cultos e usos forestais –plantacións de eucaliptais fundamentalmente-
Na nosa paisaxe tal e como se sinala no Plan de Ordenación do Litoral (2011), “ o uso do solo de maior extensión corresponde ao agrícola. Un parcelario atomizado que debuxa un complexo mosaico con campos sen setos e que abrangue a totalidade dos solos fértiles en suave pendente. O fondo da unidade queda enmarcado por suaves relevos en cuxas ladeiras dominan as explotacións forestais de repoboación. O resto do territorio (...), ademais das formacións naturais (...) -traballadas no apartado de elementos bióticos-, correspóndese cun uso residencial desvinculado das funcións rurais e con funcionalidade urbana nalgúns ámbitos, e que se asocia ao aproveitamento turístico do extenso areal da Frouxeira. Como uso puntual, figura o acuícola da piscifactoría de Valdoviño, na vertente oeste do Monte de Meirás.”
Fonte: UPAI Valdoviño-A Frouxeira. POL (2011)