TAREFA 2 NA PROCURA DOS SEGREDOS DA NOSA PAISAXE.
ACTIVIDADE 2.1.2 Identificar e localizar os “elementos texturais”-antrópicos- (A dimensión histórico-cultural).
EXERCICIO 2.1.2.3 Outros elementos de orixe antrópica.

O traballo

As Infraestruturas de comunicación

Recolleremos no noso visor as infraestruturas de comunicación presentes na nosa unidade: estradas autonómias e locais, así como os principais camiños. Esta tarefa é moi sinxela xa que só teremos que cargar a cobertura WMS de vías de comunicación.

Responsive image
Responsive image
Responsive image
Responsive image

Elementos da paisaxe cultural

Xeolocalizaremos no noso visor aqueles elementos puntuais: monumentos históricos e edificacións tradicionais insertos no espazo agrario representativos do patrimonio etnográfico, arqueolóxico, industrial, militar e marítimo –faros

  • Ermidas – Santuarios: Igrexa de Santa Eulalia, Igrexa de Santiago-Lago, Ermida da Nosa Señora do Porto
  • Pontes: A ponte de Porto do Cabo
  • Pazos: Pazo da Riva
Responsive image
Responsive image
Responsive image
Responsive image

Xeolocalizaremos tamén a piscifactoría

E deixamos para o final, os castros. Para isto imos cargar o fichero kmz que esta nos recursos.

Responsive image
Responsive image
Responsive image
Responsive image

Axuda

Lembra que só tes que copiar a URL na ferramenta do Google Earth “superposición de imaxes” tal e como fixemos en tarefas anteriores.

Recursos

Para saber máis

Aquí tedes a relación polo miúdo dos elementos patrimoniais que foron iventariados no Plan de Ordenación do Litoral de Galicia

  • Patrimonio etnográfico
    • Arquitectura relixiosa e funeraria (igrexas, capelas, cemiterios, etc.)
    • Arquitectura civil (edificacións singulares, casas tradicionais, pazos, etc), arquitectura hospitalaria, popular
    • Construcións tradicionais (hórreos, cruceiros, pombais, lavadoiros, muíños, fontes, etc.)
    • Xardíns, zonas verdes, árbores senlleiras
    • Outros (camiños, calzadas, campos de festas…)
  • Patrimonio arqueolóxico
    • Depósitos arqueolóxicos (petroglifos, castros, mámoas, túmulos, achados illados, etc.)
    • Patrimonio subacuático. Non consta cartografía
  • Patrimonio industrial, militar e marítimo
    • Arquitectura industrial (antigas fábricas conserveiras, de salgaduras, secadoiros, cetarias…)
    • Arquitectura militar (arsenais, baterías defensivas, fortalezas…)
    • Arquitectura marítima (peiraos, portos e, á súa vez, os elementos construtivos e edificacións máis represen¬tativas que se asentan sobre eles, escolas e clubs náuticos, lonxas…)
  • Faros (faros e balizas)

Para coñecer maís sobre os castros