TAREFA 2 NA PROCURA DOS SEGREDOS DA NOSA PAISAXE.
ACTIVIDADE 2.1 A Identificación e xeolocalización dos elementos da paisaxe.

O traballo

Como vedes no seguinte esquema clasificatorio en calquera paisaxe galega pódense identificar elementos diversos, que son froito de dinámicas naturais e antrópicas

Descargar o esquema. A documento vaise mostrar nunha xanela independiente

Mediante o emprego do noso visor “identificaremos e xeolocalizaremos” os grandes grupos de elementos ABIÓTICOS (Ab), BIÓTICOS (B) E ANTRÓPICOS (An) presentes na nosa área de estudo e, polo tanto, ao longo da ruta elixida.

En cada grupo de elementos, localizaremos mediante marcas de posicións, alomenos o seguinte:

  • No grupo de elementos Abióticos (Ab): As formas do relevo ou “xeoformas” e a rede hidrográfica
  • No grupo de elementos bióticos (B): As formacións vexetais naturais e os usos agroforestais
  • E, no grupo de elementos antrópicos (An): Os asentamentos e calquera outro elemento artificial presente na nosa paisaxe

Imos a modo ao longo desta tarefa xa que, quizá, é a máis importante do noso proxecto. Para resolver con éxito este traballo de identificación e xeolocalización no noso caderno dixital dos diferentes grupos de elementos paisaxísticos –abióticos, bióticos e antrópicos- imos aproveitar as vantaxes da “cartografía na web”. Todo un universo de información xeográfica á nosa disposición

O primeiro que imos facer é unha “superposición” sobre o noso visor dunha cobertura” dos “usos do solo”. Como?, pois a través dun servizo “Web Mapping Service” ou “WMS” (-Consulta o apartado “para saber máis-). De qué estamos a falar....¿?: Trátase dun “servizo na Web” que nos facilita mapas de xeito dinámico.

Estes servizos están aloxados en “xeoportais” denominados IDE -Infraestrutura de Datos Espaciais-

Máis dúbidas...claro, pregúntache que é unha cobertura?: No mundo da cartografía dixital e dos “Sistemas de Información Xeográfica” chamamos “coberturas” a un “mapa temático”, é dicir, unha cartografía que podemos sobrepoñer por enriba dunha imaxe satélite ou calquera “mapa base” como o que empregamos no visor

O “mapa” ou “cobertura”que imos utilizar contén información relevante que nos axudará a resolver a nosa tarefa. Trátase da cobertura de “usos do solo”, almacenada no Sistema de Información sobre a Ocupación do Solo en España (SIOSE, 2011).

Nesta mapa temático poderemos localizar de xeito sinxelo onde se atopan os seguintes usos

  • Afloramentos rochosos
  • Praias, dunas e areais
  • Matogueiras
  • Lagoa costeira
  • Marismas-esteiros
  • Frondosas perennifolias
  • Frondosas caducifolias
  • Cultivos
  • Edificacións

Imos conservar esta cobertura, a modo de axuda, para resolver as actividades que veñen a continuación

Axuda

Para a cobertura wms SIOSE 2011, no menú superior do visor iremos a “engadir” ; “superposicións de imaxes”. Na fiestra de diálogo: “Actualizar”; “Parámetros WMS” e, de seguido, copiaremos a URL do servizo obtida na páxina de http://mapas.xunta.gal/servizos-wms.

O resultado deberá ser o que aparece na seguinte imaxe. Responsive image

Para saber máis

Chamamos elementos Estruturais a aqueles que xurden da natureza e evolucionan en longos períodos de tempo, moi superiores á historia humana, agás certos episodios que operan en momentos de alta intensidade e baixa frecuencia –a actividade volcánica ou os terremotos-.

Texturais: Os elementos derivados da actividade das mulleres e homes sobre o territorio que cambian en períodos curtos de tempo. Estamos a falar dos cultivos, as vías de comunicación, as edificacións e asentamentos, etc.

Que é Web Map Service (WMS)?: Son “servizos” de visualización de mapas na web. Produce mapas en formato imaxe (PNG, GIF ou JPEG) á demanda para ser visualizados por un navegador web

Continuar