TAREFA 2 NA PROCURA DOS SEGREDOS DA NOSA PAISAXE.
ACTIVIDADE 2.1.1.2 Na procura das formas vivas das paisaxes. Os elementos bióticos.
EXERCICIO 2.1.1.2.1 As formacións vexetais. O mapa de usos e coberturas.

O traballo

A vida manifestase de moitos xeitos nas paisaxes, aínda que o elemento máis relevante pola súa forza compositiva é, sen dúbida, a vexetación. Os bosques, matogueiras ou praderías tapizan as formas do relevo deixándoas ocultas, establecendo as “texturas” e a paleta de cores das nosas paisaxes.

En calquera territorio a biodiversidade exprésase no número de especies diferentes e cantidade de biotopos. Unha diversidade que está influída pola xeoloxía e os matices climáticos (dunas, cantís, lagoas, zonas de solana, umbría, etc...)

A partires da lista usos e coberturas de vexetación establecida no Plan de Ordenación do Litoral (2011) que tedes de seguido, imos delimitar e cartografar no visor aqueles usos presentes na nosa paisaxe .

  • VEXETACIÓN

    • Vexetación costeira e matogueira: vexetación herbácea ou de matogueira de escaso porte, localizada no sistema dunar
    • Bosques autóctonos: vexetación arbórea de clima atlántico
    • Bosques de ribeira: vexetación arbórea ou de matogueira propia das marxes dos ríos.
    • Bosques mixtos: mestura de especies autóctonas e de repoboación.
    Responsive image
    Responsive image
    Responsive image
    Responsive image
  • AGROFORESTAL

    • Forestal de repoboación: Pinar e Eucaliptal
    • Cultivos de froita
    • Cultivos e prados
    • Viñedos
    • Outras formacións arbóreas: zonas antropizadas con especies arbóreas de difícil inclusión noutras clases en xardíns ou paseos marítimos
    Responsive image
    Responsive image
    Responsive image
    Responsive image
    Fonte: Plan de Ordenación do Litoral. 2011

Axuda

Lembra activar a cobertura de "usos do solo SIOSE 2011"

Para saber máis

Unha comunidade de seres vivos relacionados ente sí –biocenosis- máis o escenario físico que habitan –biotopo- componen o que chamamos “ecosistema”. Unha paisaxe como a nosa alberga múltiples biotopos: fondos mariños con rochas, con áreas, zonas intermareais –sucesivamente emerxidas e somerxidas-, os cantís, a praia, o complexo dunar, a desembocadura dos ríos –Magno e O Vilar, a Lagoa-

Continuar