O Concello de Valdoviño divídese en oito parroquias: Lago, Loira, Meirás, Pantín, Sequeiro, Valdoviño, Vilaboa e Vilarube. Imos cartografar os seus asentamentos diferenciando entre:
Nesta imaxe recóllese a lenda empregada no mapa de “Usos e elementos para a súa valoración” da nosa área de estudos, realizado no Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. Emprega este mapa para localizar e delimitar no Visor este tres tipos de asentamentos
Fonte: Plan de Ordenación do Litoral. 2011
Observa , unha vez feita a delimitación como os “asentamentos fundacionais e desenvolvementos periféricos” ocupan unha posición no territorio lonxe da primeira liña de costa. Sitúanse, de xeito preferente, a media ladeira. Pola súa contra, “os crecementos difusos” –en cores grises no mapa- espállanse sempre moi preto da costa
Para a cobertura wms (T)Morfonúcleos (Style=24) , no menú superior do visor iremos a “engadir” ; “superposicións de imaxes”. Na fiestra de diálogo: “Actualizar”; “Parámetros WMS” e, de seguido, copiaremos a URL do servizo obtida na páxina de http://ideg.xunta.es/servizos/services/Ordenacion/POL_AD_Usos/MapServer/WmsServer.