TAREFA 2 NA PROCURA DOS SEGREDOS DA NOSA PAISAXE.
ACTIVIDADE 2.1.1 Identificar e localizar os “elementos estruturais”. A “Matriz biofísica” da nosa paisaxe.

O traballo

Na nosa paisaxe existe unha realidade integrada polos “compoñentes abióticos”: as rochas e formacións superficiais, os solos e a rede hídrica que constitúen o “soporte físico”sobre o que se acomodan o resto de elementos paisaxísticos. Son o substrato para as diversas formas de vida: a flora, fauna ( a Biota). E ambos os dous, compoñentes –abióticos e bióticos-, conforma a chamada “MATRIZ BIOFÍSICA”.

Responsive image
Responsive image
Responsive image

Axuda

O termo abiótico emprégase para referirse ao “medio” que, polas súas características non alberga vida. A verba nomea aquilo que na paisaxe non podemos incluír dentro do grupo dos seres vivos, nin dos seus produtos. Lembra que a letra “a” diante dunha palabra indica negación e, como o termo biótico define a presenza de vida, a-biótico fai referencia ao contrario.
Continuar