Se a presentación do texto lle corresponde a cada grupo por separado, pode abondar unha composición con OpenOffice, LibreOffice ou equivalente, exportando tamén en PDF.
No caso de optar pola publicación conxunta, recollede todas as reportaxes escritas en soporte dixital e maquetade nun programa de ordenador, montade nunha aplicación da rede ou publicade en blogue. Se se trata de producións audiovisuais, pódense aloxar en Youtube ou en Vimeo e crear logo unha lista de reprodución.
Se non dispoñedes de suficientes imaxes propias, localizade algunhas libres en Creative Commons, Pixabay, Morguefile ou Freepik.
Xestionade e atendede a difusión dos escritos nos espazos elixidos: taboleiros do centro, paneis ou comercios do concello, medios de comunicación, redes sociais, etc. Non esquezades enviarlle a reportaxe ao colectivo protagonista!
Ferramentas para crear blogues:
Wordpress (e mais un titorial, de Xosé Maneiro)
Blogger (e un videotitorial, de Pilar Ponte: primeira parte e mais segunda)
Ferramentas para publicar PDF en formato revista:
Calameo
Issuu
Ferramentas de composición na rede:
Canva
LucidPress
Madgazine
Yumpu
Simplebooklet
Joomag
1. Autoavaliación
Escolle unha opción: 1 Insatisfactorio 2 Suficiente 3 Bastante satisfactorio 4 Moi satisfactorio
- Intereseime sempre por avanzar, de xeito ordenado seguindo as indicacións dadas 1 2 3 4
- Lin/vin con atención os textos e vídeos das diferentes actividades e participei nas reflexións 1 2 3 4
- Conseguín localizar casos, comprender e extraer a información 1 2 3 4
- Atendín e apliquei ou resolvín as actividades con acerto. Cubrín os cadros e fichas 1 2 3 4
- Atendín as listas, modelos e guías que se ofreceron na secuencia 1 2 3 4
- Corresponsabiliceime na planificación e revisión dos textos 1 2 3 4
- Fun quen de mellorar a expresión das composicións 1 2 3 4
- Intentei superar as dificultades revisando as tarefas, buscando alternativas... 1 2 3 4
- Comuniqueilles aos compañeiros/as ao xeito as miñas ideas e achegas 1 2 3 4
- Colaborei cos demais sempre e na medida das miñas posibilidades 1 2 3 4
- Intercambiamos reflexións e propostas no seo do grupo 1 2 3 4
- Mantivemos no grupo un ambiente de traballo adecuado 1 2 3 4
2. Valoración da secuencia
1. Que contidos che pareceron realmente interesantes?
2. O modo de traballar e avanzar coas actividades pareceuche:
3. Que che resultou máis difícil de realizar?
4. Suprimirías algunha(s) actividade(s)? Cal(es) e por que?
5. Os textos e vídeos empregados resultáronche interesantes? Houbo algún que consideras que foi inadecuado ou moi difícil? Cal(es) e por que?
6. Os apoios que se dan na secuencia parécenche axeitados? E suficientes?
7. Cres que foron boas as propostas de traballo en grupo?
8. Consideras que a secuencia serve para aprender os contidos abordados? Con que nota a valorarías? (de 0 a 5)