Cada grupo revisará o borrador seguindo estas dúas fases.
| Aténdese o contexto e as consecuencias dos feitos? | Hai distintas perspectivas sobre o que está a pasar? | Inclúense valoracións propias sobre os feitos? | Tómase información de protagonistas e/ou especialistas? | Axustáronse e resaltáronse tipograficamente o titular e a entrada? |
| Recóllense na entrada as cuestións básicas ou declaracións de protagonistas? | Cáptase a atención dos lectores no inicio do corpo? | Combínase información esencial e complementaria (descricións, declaracións)? | Hai apartados con títulos ou ventás para resaltar aspectos e facilitar a lectura? | Inclúense modalizacións que amosen subxectividade? |
| Achégase abundante material gráfico, como varias imaxes? | Aprécianse algúns recursos expresivos? | Empregouse un léxico axeitado e variado? | O texto está ben enfiado, con conectores adecuados e oracións non longas? | As oracións están ben construídas e a expresión é correcta? |
Realizade as melloras precisas.
Para a reportaxe audiovisual:
- Atendestes o contexto no que se produciron os feitos, as consecuencias do que aconteceu ou distintas perspectivas sobre o que pasou?
- Incluístes valoracións propias sobre os feitos?
- Tomastes información de persoas participantes ou interesadas nos feitos?
- Fixestes unha entrada atraente cun resumo, testemuña ou pregunta?
- Aprécianse os bloques e combinastes neles información esencial (datos) e complementaria (descricións, declaracións), alternándoas para manter o interese?
- O narrador marca ao xeito as transicións entre as partes?
- Incluístes material sonoro para recrear ambientes?
- O final funciona como peche?
- Empregastes unha linguaxe adecuada, con oracións curtas e claras?
- O ton e o volume son axeitados? Soa natural?
Poñede especial coidado en revisar o texto para garantir que a expresión non sexa excesivamente complicada, nin sintactica nin lexicamente. As oracións longas de máis, os parágrafos recargados ou inconexos, as perífrases e circunloquios innecesarios ou as imprecisións dificultan a comprensión e poden levar aparellados anacolutos e desvíos. Practicade estas cuestións cos seguintes exercicios.
a) Convertede estas estruturas sintácticas coa orde lóxica alterada en estruturas lineais (SUX-VBO-COMPL). Pasade tamén aquelas oracións que estean en voz pasiva a activa e mellorade a puntuación.
b) Simplificade agora o seguinte texto, mantendo o contido completo. Eliminade todo o que non engada información e reducide as reviravoltas na expresión.
c) Localizade marcadores equivalentes a algún dos presentes no segundo parágrafo. Empregade os demais para redactar un terceiro parágrafo que continúe loxicamente o texto.
d) Achegade alternativas para facer que o seguinte texto sexa máis claro e sinxelo. Reescribídeo mantendo todo o seu contido, pero evitando a introdución de incisos explicativos, a acumulación de subordinadas e a referencia pronominal distante.
e) Substituíde nestas oracións as palabras comodín ou propias dun rexistro coloquial por termos máis precisos, como poden ser: convocar, percorrer, producir, posuír, desenvolver, argüír, pertenzas...
Presentade na aula as reportaxes elaboradas e coavaliádevos empregando a seguinte grella:
