Traballamos con xéneros xornalísticos mixtos para extraer as características da reportaxe. Focalizamos distintas estratexias de composición e mais a puntuación.
Realizando unha lectura superficial, decidide cales dos dez seguintes textos xornalísticos -tomados todos do semanario Sermos Galiza- son reportaxes e cales non. E indicade tamén que elementos permiten identificalas, referentes á extensión, as partes, o material gráfico, o tipo de contido, etc.
Contrastade esta noticia coa reportaxe que a segue, ambas da TVG, e indicade:
- Sobre o tema da permacultura, que feito de actualidade comparten ambos os textos? Como o abordan cada un deles?
- Resumide en dúas liñas a noticia incluíndo as circunstancias QUE, QUEN, ONDE e COMO.
- Que voces -perspectivas- están presentes en cada caso?
- Que elementos novos a respecto da noticia observas na reportaxe? En que aspectos se profunda nesta última? Como aparecen combinados? Que outros aspectos non presentes poderían tratarse tamén?
- Con cal dos dous xéneros textuais entendemos mellor o que é a permacultura? Por que?
- Revisade a parte na que se fai unha síntese da evolución da relación do home coa terra e localizade un exemplo claro da presenza do emisor a través da modalización. Pista: trátase sobre todo dun substantivo-adxectivo valorativo.
- Propoñede un titular típico da reportaxe -rechamante- como alternativa ao do vídeo.
- Escollede dúas imaxes do vídeo (indica minuto e segundo de cada unha) e escribide o pé de foto que lles acaería nunha reportaxe escrita.
Asistimos primeiro a este vídeo sobre a reportaxe
Completade agora as características básicas da reportaxe en contraste cos demais xéneros xornalísticos mixtos ou interpretativos. Danse abaixo algúns trazos de todos eses xéneros e cumprirá escoller cando menos os que corresponden coa reportaxe.

- Especialista. Presenta e avalía produtos e feitos culturais. Informa, valora e orienta.
- Pode incluír ficha de datos, como a crítica. Claridade e precisión. Marcas de modalización
- Titular + Subtítulo identificativo + Breve presentación + Corpo (preg.-resp.) + Peche.
- Con valoracións apoiadas por argumentacións. Recomendación.
- Xornalista investigador. Debulla claves duns feitos, que valora. Con presenza de distintas perspectivas.
- Actos políticos, competicións deportivas, manifestacións artísticas, sucesos, conflitos.
- Titular + Entrada + Corpo (información + declaración + valoración) + Peche.
- Percepción de feitos. Análise dun tema e opinión. Personalidade e experiencias.
- Xornalista. Propón e extrae determinados coñecementos, experiencias e/ou opinións.
- Titulares + Entrada / Presentación + Corpo + Peche
- Obras literarias, filmes, representacións, discos, exposicións, programas de televisión...
- Linguaxe expresiva, con recursos literarios. Soe incluír apartados específicos e material gráfico.
Practicamos o enunciado de títulos, a redacción de inicio e peche e a achega de material gráfico cunha produción intermedia: a fotodenuncia contextualizada. Localizade unha situación pertencente ao tema escollido polo grupo que vos pareza grave, denunciable. Terá que poder plasmarse en imaxe: unha ausencia relevante, un estrago (caso dun verquido contaminante, vexetación arrasada...), o estado de abandono ou perigoso dun espazo público, etc.
A partir de aí, desenvolvede a tarefa enunciada neste documento. Aproveitade as claves do recadro de Apoio que está a seguir.


a) Extraede conclusións a partir dos exemplos anteriores tirados desta reportaxe:
> A información e as declaración combínanse .....
> As declaracións aparecen normalmente como citas textuais en estilo .....
> Nas citas empréganse as aspas e verbos de dicción como .....
> As citas poden aparecer no inicio da oración, pero tamén .....
b) Inseride citas textuais, empregando as aspas oportunas, e información intercalada, tal como se indica entre corchetes no texto, en diversas partes destoutra reportaxe.

Lede con atención esta reportaxe con marcas e despois contestade as seguintes cuestións.
· O titular busca suxerir. De que xeito?
· O comezo do corpo intenta espertar a curiosidade do lector. Como?
· O corpo sempre segue unha orde. Como se organiza?
· A reportaxe é ampla. Como se consegue que sexa amena?
· O peche procura sintetizar. Como se fai?
· Indicade o tipo de elemento en cada caso:
a) Combinade a seguinte información sobre a contaminación das augas, tomada de diferentes fontes, en varios parágrafos con expresión persoal e con coidado da cohesión textual.
- As dezanove rías galegas soportan 864 puntos de verquido. En máis da metade deses puntos existe contaminación.
- A maior parte dos focos de contaminación e dos verquidos industriais localízase nas Rías de Arousa e Vigo.
- Moitos dos verquidos son inevitables e non contaminan (augas pluviais).
- A U.E. estableceu o ano 2005 como límite para que todas as poboacións tiveran un sistema de depuración de augas residuais.
- En moitas ocasións, non chega toda a auga contaminada ás depuradoras, xa que a rede de saneamento é ineficaz. Os Concellos non teñen suficiente presuposto para solucionar este problema.
- Hai verquidos particulares que non están conectados á rede de saneamento e teñen escaso control.
- Unha gran parte da economía galega depende das nosas costas.
- Temos as augas litorais máis contaminadas de toda Europa debido a verquidos incontrolados.
- A falta de depuradoras e as industrias contaminantes costeiras fan que a destrución se multiplique.
- Temos unha degradación do fondo mariño e destrución de bancos marisqueiros e pesqueiros.
b) Integrade agora as seguintes declaracións nos parágrafos anteriores, citando as fontes.
- En Galicia temos auga en cantidade a maior parte do tempo, pero tamén necesitamos tela coa maior das calidades posibles, e iso require un esforzo importante e continuo. Non abonda con que fagamos obras e nos esquezamos delas, senón que temos que mantelas. (Francisco Méndez, Presidente de Augas de Galicia)
- Parte da carga contaminante pérdese polo camiño e non acaba chegando ás estacións depuradoras. Isto é prexudicial, ademais de porque o verquido acaba chegando ao medio, porque a estación perde eficacia. (Xabier Cabanas, investigador da USC)
c) Por último, inseride nese texto voso algunha valoración propia, apoiándovos no seguinte modelo.
a) Revisade os exemplos de reportaxe vistos e asignádelle funcións, tomadas da listaxe de abaixo, aos signos coma, punto, punto e coma, dous puntos, paréntese, guión e aspas.
|
Coma (Respira) |
|
|
Punto (Para) |
|
|
Punto e coma (Respira e espera) |
|
|
Dous puntos (Explica) |
|
|
Paréntese e guión (Aclara) |
|
|
Aspas (Reproduce) |
|
b) Identificade nos seguintes exemplos a función de cada un dos signos de puntuación. Se observades algunha deficiencia, indicade como mellorar o texto.

c) Relacionade, de maneira razoada, cada signo de puntuación con algunha das imaxes seguintes para creardes unha infografía.