Intentamos precisar a diferenza entre información e opinión, organizamos os datos obxectivos dos que dispoñemos e elaboramos o noso relato da aprendizaxe.
Sabemos que a información está presente en discursos non marcados, nos que se aprecia o uso de datos e feitos contrastables, a ausencia do emisor no texto, a representación directa e con obxectividade da realidade, con expresión neutra, a presenza de perspectivas plurais ou o léxico non valorativo. Un discurso marcado pola presenza do emisor entrará no territorio da valoración e opinión, da transmisión dunha postura ante as cousas. As marcas principais son:

a) Localizade os fragmentos valorativos ou de opinión nestes parágrafos tomados da reportaxe Mercagalicia, o lado escuro da xestión, do xornal Lindeiros. Explicade como os identificastes.
b) Revisade as distincións realizadas na actividade anterior (de Situámonos) para comprobar que a opinión está -toda ela- separada da información obtida, ao tempo que conectada con ela. Organizade ambas seguindo unha lóxica temporal e/ou causal na disposición das cuestións centrais do tema que traballades. Debe apreciarse todo isto visualmente por medio de frechas, cadros de cores ou outra fórmula.
a) Coa información xa ordenada por claves (cando menos: orixes do problema, consecuencias máis importantes, propostas de solución existentes, medidas xa tomadas, mobilizacións realizadas, apoios acadados e presenza na prensa), imos crear un resumo de dúas ou tres liñas para cada unha. Contades cun apoio a seguir para iso.
b) Anotade agora debaixo de cada resumo a xeito de entrada xornalística as persoas que achegaron valoracións ou opinións relevantes, no caso de que as haxa, xunto co fragmento textual máis significativo das súas declaracións.

Finalmente nesta parte, poñede por escrito individualmente na casa:
* Conseguiches implicarte plenamente no labor? Por que?
* Que che custou máis entender sobre este tema?
* Que actividade foi máis interesante e útil? Por que?
* Que cambios no coñecemento destas cuestións experimentaches ao longo destas sesións de traballo?
* Cal cres que é a mellor maneira de traballar estes contidos?
* Para que che pode servir a aprendizaxe realizada?
* Como podes mellorar o teu traballo de aquí en adiante nesta secuencia?