Queremos difundir as nosas investigacións e conclusións entre a comunidade escolar e nos espazos dixitais. Por iso, comporemos un folleto informativo e propositivo en forma de tríptico (véxanse modelos no apoio).
Primeiramente:
- Recompilade o contido do folleto: a gráfica sobre a desigualdade no mundo, os casos de incumprimento do dereito escollido polo grupo, os artigos que formulan as medidas de actuación propostas e a introdución a estes.
- Definide o título, en relación co dereito traballado.
- Concretade un lema que chame á acción.
- Escollede as imaxes (libres) que poden acompañar o texto. Procurade en Creative Commons, Pixabay, Morguefile, Freepik...
- Decidide como apareceredes os autores/as: cun nome de grupo, cos nomes de pía...
A seguir:
- Realizade estas actividades interactivas externas sobre o folleto.
- Distribuíde o texto en seis columnas (as caras do tríptico). A portada será a terceira columna. A contraportada, a segunda.
- Dádelle un formato atractivo: combinación de texto e imaxe, listas... Non recarguedes as páxinas, nin sequera no interior. Este modelo estaría xa no límite.
- Non empreguedes máis de dous tipos de fonte, e sempre doadas de ler. A letra cun tamaño nunca menor de 12.
- Citade as fontes.
Unha vez composto e revisado, só queda imprimir, dobrar e distribuír polos espazos que acordemos.
Modelos diversos:
De Amigos da Terra
Dunhas xornadas de cooperación
Da certificación forestal PEFC
Da Marcha galega de montañeiros
Ferramentas de composición na rede:
Canva
LucidPress
Jukebox (sinxelo, sen rexistro)
Modelos para Office
1. Autoavaliación
Escolle unha opción: 1 Insatisfactorio 2 Suficiente 3 Bastante satisfactorio 4 Moi satisfactorio
- Intereseime sempre por avanzar, de xeito ordenado seguindo as indicacións dadas 1 2 3 4
- Lin/vin con atención os textos e vídeos das diferentes actividades e participei nas reflexións 1 2 3 4
- Conseguín localizar casos, comprender e extraer a información 1 2 3 4
- Atendín e apliquei ou resolvín as actividades con acerto. Cubrín os cadros e fichas 1 2 3 4
- Atendín as listas, modelos e guías que se ofreceron na secuencia 1 2 3 4
- Corresponsabiliceime na planificación e revisión dos textos 1 2 3 4
- Fun quen de mellorar a expresión das composicións 1 2 3 4
- Intentei superar as dificultades revisando as tarefas, buscando alternativas... 1 2 3 4
- Comuniqueilles aos compañeiros/as ao xeito as miñas ideas e achegas 1 2 3 4
- Colaborei cos demais sempre e na medida das miñas posibilidades 1 2 3 4
- Intercambiamos reflexións e propostas no seo do grupo 1 2 3 4
- Mantivemos no grupo un ambiente de traballo adecuado 1 2 3 4
2. Valoración da secuencia
1. Que contidos che pareceron realmente interesantes?
2. O modo de traballar e avanzar coas actividades pareceuche:
3. Que che resultou máis difícil de realizar?
4. Suprimirías algunha(s) actividade(s)? Cal(es) e por que?
5. Os textos e vídeos empregados resultáronche interesantes? Houbo algún que consideras que foi inadecuado ou moi difícil? Cal(es) e por que?
6. Os apoios que se dan na secuencia parécenche axeitados? E suficientes?
7. Cres que foron boas as propostas de traballo en grupo?
8. Consideras que a secuencia serve para aprender os contidos abordados? Con que nota a valorarías? (de 0 a 5)