Nas sociedades occidentais e, en xeral, no mundo, son moitos os dereitos recoñecidos universalmente que soen frustrarse para a cidadanía. Non só porque non se poñen os medios económicos para facelos efectivos, senón porque moita lexislación non pasa de meras declaracións de intencións. Queremos ser máis conscientes da necesidade de acadar unha vida digna para tod@s e enunciar artigos que concreten as medidas que se consideren máis acaídas para garantir vivenda, emprego, asilo ou servizos sociais de calidade. Precisamos, entón, revisar criticamente algunhas das normas legais fundamentais para inserir concrecións e chegar a compoñer folletos con propostas de mellora desas normas básicas referentes aos dereitos humanos non respectados.
Para iso, seguiremos as etapas que se recollen na seguinte imaxe.
