Manexamos diferentes xéneros do ámbito institucional (xurídico, administrativo, asociativo) para centrarnos na linguaxe dos regulamentos, posto que será ese o xénero que tomarán as medidas do noso banco de propostas. Atenderemos especialmente os procedementos de creación de palabras.
Comparade de principio tres xéneros textuais moi próximos: norma ou regulamento, a proposta de medidas e os estatutos dunha asociación. Lembrade que o primeiro deles é o noso modelo.
Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
Propostas da Coordinadora Galega de ONG
Estatutos (de Implicadas no Desenvolvemento).
|
Análise comparativa |
|||
|
Xéneros textuais Aspectos |
Regulamento (Declaración Universal) |
Proposta de medidas |
Estatutos |
| Intención, aspectos que se atenden |
|||
| Estrutura, partes |
|||
| Presentación: presenza de títulos, numeración de artigos, extensión |
|||
| Nivel de lingua |
|||
| Tipos de oración que inician os artigos |
|||
Analizade a estrutura comunicativa dos textos anteriores de asociacións (tipo de emisor e receptor e proximidade entre ambos, sobre todo), tomando como referencia a seguinte análise en vídeo dos xéneros xurídico-administrativos.
Xa apreciamos previamente os trazos xerais do noso xénero textual e somos conscientes do contexto no que se emprega. Sistematizamos, entón, agora as súas características. Ademais da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas, podemos fixarnos no regulamento dun IES ou en ordes, decretos e leis.
a) Asignádelle tipo e subtipo (legal, xudicial, de decisión...) aos exemplos de xéneros textuais recollidos na parte superior dereita da infografía de abaixo.
b) Nesa mesma presentación, situade os seguintes trazos no lugar correspondente, ou nos textos do ámbito ou na caracterización do artigo normativo.
- Iníciase cun número
- Pode levar título (frase nominal en letra grosa)
- Presenza común de: cargo + acción para realizar + motivación + destinatarios + data
- No nivel culto pero con escasos tecnicismos
- En presente ou futuro de indicativo

a) Resolve individualmente as seguintes palabras cruzadas.

b) Realizade en parellas coas palabras hiperligazón, envellecido e desmontable a mesma operación de “comprobación” que no seguinte modelo.
c) Resolvede individualmente o seguinte caderno interactivo.