Organizamos os dereitos e deberes universais para planificar a seguir a procura de información sobre situacións de denuncia.
Revisamos as normas da clase en tres fases.
i. Individualmente, cadaquén anota nunha columna normas que considera precisas para o profesorado e noutra columna para o alumnado. Evidentemente, serán coherentes cos dereitos e deberes legais e responderán aos obxectivos básicos da procura da aprendizaxe e da convivencia. Ademais, intentarase que sexan concretas, realistas e claras. Por exemplo: O/A profe chegará á aula antes de que pasen 2 minutos do toque do timbre. Intentará realizar actividades variadas e dinámicas nas clases... As alumnas e alumnos levantarán a man e esperarán a vez antes de falar en alto na clase; se non é así, a primeira vez haberá unha advertencia, a segunda...
ii. A seguir, consensuaranse as diferentes propostas en grupos pequenos, fusionando tamén as próximas en enunciados máis xerais.
iii. Por último, en gran grupo farase a posta en común de ambos os tipos de normas, repasarase a súa coherencia e valoraranse as que sexan propostas polo/a profesor/a. Poden chegar a aprobarse, por consenso ou por votación.
a) Localizade os dereitos que non se cumpren, dos presentados nas Cartas e recompilacións de abaixo, nestas dúas situacións:
O Fondo Galego combate a vaga de frío que afecta as persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.
Outro desaloxo en Vigo ante a falta de alternativas.
Recompilacións de dereitos:
Carta dos Dereitos fundamentais da UE (documento de Esculca)
Carta de Dereitos Cidadáns (Xunta de Galicia)
Dereitos laborais
Dereitos lingüísticos
Dereitos de xénero
b) Indicade, no caso de ter que recoller as ideas clave da nova do Fondo Galego, cal será o contido das dúas oracións da entrada que aparecen incompletas.
c) Nesa mesma nova, cal será a frase ou oración máis xeral do terceiro parágrafo?
- Calquera contía, por pequena que sexa, resulta valiosa ao engadirse ao conxunto.
- Este tipo de axudas non son a solución, que debe chegar desde as altas instancias políticas.
- O Fondo galego esixía solucións políticas hai un ano ao reclamar substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema.
- A raíz do problema está nos intereses xeopolíticos dos países máis poderosos.
d) Compoñede un esquema visualmente claro coas ideas dese texto.
a) En grupo, propoñede un artigo máis para completar a seguinte infografía sobre os dereitos humanos recollidos na Declaración Universal (acceso directo).
b) Logo ordenade por prioridade os tres ámbitos (civil, económico-social, solidario) e dentro do preferente escollede os tres dereitos aos que lles outorgades maior valor.
c) Trasladade a información da infografía referente aos dereitos civís a un cadro como o seguinte, incorporando tamén as formas xerais de violación.
Cada grupo quédase con un dos dereitos universais escollidos na actividade anterior e procura situacións de denuncia ou reclamación do seu cumprimento. Pode atoparse contido de interese en novas, artigos, informes ou monográficos.
Trátase de rexistrar datos e casos de incumprimentos, constrastando a información en diferentes fontes. Atendede as indicacións do traballo coas fontes que se insire como apoio, onde tamén atoparedes propostas de espazos dixitais. Lembrade tamén aplicar as estratexias de busca por etiquetas.
Antes, cubride o cadro de partida que se achega unha vez consultadas as seguintes fontes:
A. Visión global do 2015.
B. Galicia sofre ao día sete desafiuzamentos, o 60% deles por impago do aluguer.
C. As PAH galegas piden no Parlamento medidas urxentes para asegurar o dereito á vivenda.
D. Un xuíz ordena executar un desafiuzamento na Coruña por ser o "mellor" para a afectada.
E. O activismo galego contra os despexos dirixe as súas críticas cara á Xunta de Feijó.
Cadro de partida
Sobre o dereito á vivenda
QUE SABEMOS
QUE PRECISARIAMOS SABER
Sobre o dereito escollido
QUE SABEMOS SOBRE A SÚA SITUACIÓN NO MUNDO
QUE PRECISAMOS SABER A RESPECTO DE DENUNCIAS
ONDE PODEMOS PROCURAR PREFERENTEMENTE
COMO REXISTRAR OS CASOS (citando as fontes)
Indicacións para o traballo coas fontes.
Fontes propostas:
- Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
- Esculca
- Amnistía Internacional Galicia
- AGARESO
- Sermos Galiza
- Praza Pública
- Dereitos moi frustrados (OXFAM Intermón). Aquí en PDF.