Saltar navegación

Poboación e individuo. Mostra.

Tes que saber

Xa sabemos o obxectivo da nosa investigación e agora temos que decidir quen ou que vai a ser obxecto do noso estudo, é dicir, debemos determinar cal será a nosa poboación.

En estatística chámase poboación ao conxunto de elementos que son obxecto do estudo e cada un deses elementos chámase individuo.

O tamaño da poboación é o número de individuos que a forman e representase por N.

Exemplos

  • Se queremos saber que libros son os máis solicitados na biblioteca do centro.                                                                 imaxe biblioteca.
    • Poboación: todos os libros da biblioteca.
    • Individuo: cada un dos libros da biblioteca.
  • Se o estudo é para averiguar a opinión que teñen os habitantes dunha vila sobre a xestión do concello.
    • Poboación: toda a veciñanza empadroada no concello.
    • Individuo: cada un/ha dos/as veciños/as dese concello.

                                                                                                                                                                                                                  

Verdadeiro ou falso?

 Le e responde.

Pregunta 1

    Imaxe colectivo.Os individuos que forman a poboación dun estudo estatístico só poden ser persoas?

Tes que saber

Nos anteriores exemplos podes ver que a poboación pode ser moi grande polo que sería moi difícil e custoso enquisar a todos os individuos da poboación. Entón o que se fai nestes casos é extraer unha mostra.

Chámase mostra a un subconxunto da poboación que estamos a estudar. Cando o estudo se fai sobre toda a poboación, dise que estamos a facer un estudo exahustivo, cando extraemos unha mostra esta terá que ser representativa de toda a poboación.

En cursos posteriores estudarás como se obtén unha mostra representativa, pero para que o entendas, se queremos saber, por exemplo, cales son os alimentos máis consumidos no noso barrio, sería absurdo que nos limitásemos a preguntar unicamente na porta da carnicería, xa que quedarían fóra do noso estudo moitos tipos de alimentos. Ou se queremos saber cal é a estatura media dos españois, tampouco sería lóxico enquisar a soamente 30 habitantes dos máis de 40 millóns que hai en España.

Como é o/a alumno/a típico/a da nosa clase?

Pensa no teu proxecto, cal é a poboación? Cál é o tamaño da túa poboación?