Saltar navegación

Frecuencias absolutas, relativas e acumuladas.

Tes que saber.

Chámase frecuencia absoluta dunha modalidade ou variable i, ao número de veces que aparece esa modalidade ou valiable na nosa poboación ou mostra. Representarémola por ni.

E chámase frecuencia relativa dunha modalidade ou variable i, ao cociente entre a frecuencia absoluta e o tamaño da nosa poboación ou mostra. Representarémola por fi.

Entón: fórmula frecuencia relativa dun valor i.

Se multiplicamos por cen cada frecuencia relativa temos o tanto por cento de cada valor.

Exemplos.

Esperando para cruzar nun semáforo estívenme fixando na cor dos coches que pasaban. Dos 53 coches que contei, 13 eran vermellos, 12 grises, 18 negros e 10 brancos.

imaxe coche Tamaño da poboación: N=53.

Frecuencias absolutas:

nvermello=13          ngris=12          nbranco=10     nnegro=18

Frecuencias relativas:

frecuencia relativa vermello         frecuencia relativa gris          frecuencia relativa branco         

Verdadeiro ou falso

Pregunta 1

A suma de todas as frecuencias absolutas é igual ao tamaño da poboación?          

Que aprendiches?

Le o seguinte problema e resolveo.

Preguntamos nunha clase de 24 alumnos/as cal era o xénero ou subxénero literario que máis lían e obtivemos que a novela gustáballe a 11 alumnos/as, a poesía a 4, o teatro a 6 e o ensaio a 3. Contesta expresando, en caso necesario, o resultado con números decimais redondeando as centésimas:

imaxe libros

  • Cal é a frecuencia absoluta de:

Novela      Poesía      Teatro       Ensaio                 

  • Cal é a frecuencia relativa?

Novela     Poesía     Teatro     Ensaio  

Habilitar JavaScript

Reflexión

Dixemos que a suma das frecuencias absolutas era igual ao tamaño da poboación, pero canto cres que sumaran todas as frecuencias relativas?

Tes que saber

Denomínase frecuencia acumulada dun valor á suma de todas as frecuencias dos valores menores ou iguais ao considerado.

  • Se sumamos as frecuencias relativas obtemos as frecuencias relativas acumuladas e representarémola por Fi.
  • Se o que imos sumando son as frecuencias absolutas teremos as frecuencias absolutas acumuladas e representarémola por Ni.

Só ten sentido calcular as frecuencias acumuladas cando os datos se poden ordenar.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

No exemplo dos coches teriamos máis información se calculásemos as frecuencias acumuladas?

Como é o/a alumno/a típico/a da miña clase?. Recollida de información.

Chegamos á terceira fase do noso proxecto, o traballo de campo.

O traballo de campo consiste na recollida de información. Deberás enquisar co teu cuestionario ao resto de compañeiros/as de clase.

Esta parte do proxecto é fundamental, neste caso, como enquisas aos/ás teus/túas compañeiros/as de clase, eles e elas xa coñecen o cuestionario, pois todos/as estades a facer o mesmo; pero se non se dese esta circunstancia, as túas funcións como entrevistador/a serían:

  • Explicar en que consiste a túa investigación á persoa enquisada.
  • Describirlle a enquisa.
  • Respostar ás posibles dúbidas que xurdan durante a cumprimentación do cuestionario.
  • Tomar nota das respostas.

Tarefa 1.2

Cubre o teu cuestionario e recolle os datos dos/as teus/túas compañeiros/as de clase.

Recursos para o traballo. Presentación da folla de cálculo.

Actividade

Abre o Calc no teu ordenador e proba as distintas ferramentas que aparecen.