Saltar navegación

Elaboración do informe.

Elaboración do informe.

Tes que redactar un informe onde se mostren os resultados que obtiveches coa túa investigación.

O informe ten que conter polo menos os seguintes apartados:

  • Portada que incluirá:
    • Título do traballo.
    • O teu nome (Se fixeches o traballo en grupo os nomes de todos os/as integrantes)
    • O nome da persona que che encargou ou dirixiu o traballo.
    • O nome do centro.
    • Data de entrega.
    • Se queres podes incluír unha imaxe ou gráfico sinxelo que garde relación co contido.
  • Índice ou táboa de contidos.
  • Resumo: Non debería exceder de 10 liñas e nel incluirás unha pequena descrición do teu proxecto dicindo:
    • O obxectivo da investigación.
    • O método que empregaches. 
    • As conclusións máis relevantes.
  • Introdución: redactarás un texto de xeito que calquera que lea o informe entenda e aprecie o alcance da túa investigación.
  • Metodoloxía: neste apartado tes que describir como realizaches a túa investigación. Deberá ser detallada de xeito que calquera outra persoa que lea este apartado, se quere, poida realizar este mesmo traballo como ti o fixeches. Incluirás:
    • Obxectivo da investigación.
    • Método seguido: podería ser un método experimental ou unha enquisa (neste caso fixeches unha enquisa).
    • Descrición da túa poboación: tamaño da poboación, número de homes e mulleres, idades e calquera outra información que consideres relevante.
    • Intrumentos utilizados: descrición dos formularios e ferramentas informáticas utilizadas.
    • Procedementos: explica como fixeches para pasar os cuestionarios, se atopaches algún problema menciónao e di como o resolviches.
  • Análise de resultados: neste apartado, antes de poñer os resultados que obtiveches, o que tes que explicar son as técnicas que utilizaches para obtelos.
    • Resultados:  é neste apartado onde tes que expor os resultados que obtiveches, presenta as táboas e gráficos e fai un breve comentario da información que achegan.
  • Conclusións: aquí resumirás as conclusións ás que chegaches, escribirás a resposta á pregunta que te fixeches cando comenzaches o traballo, neste caso, Como é o alumno/a típico/a da miña clase?
  • Extensións e posibles melloras: Neste apartado podes incluír propostas para mellorar ou ampliar o traballo que elaboraches.

Se queres, ademais podes poñer un apartado de anexos onde exporás toda a información que, aínda que non é imprescindible para entender o teu traballo, achega información sobre o que fixeches (cuestionarios, fotografías, copias da folla de cálculo...)

Tarefa 3. Redacción do informe.

Pois ben, agora serás ti o que teña que realizar o informe do teu traballo de investigación.          debuxo informe

Cando redactes este informe:

  • Coida a ortografía, a gramática e a redacción.
  • Usa un estilo sinxelo e formal.
  • Pon no mesmo formato (fonte, tamaño, cor...) todos os títulos e todos os subtítulos.
  • Non abuses das cores.

Avaliación.

O informe escrito avaliarase coa seguinte rúbrica.

Rúbrica informe.