Saltar navegación

Desenvolvemento do proxecto.

 

Esquema estatística

 

 

Ao longo desta unidade desenvolverás os seguintes contidos:

  • B1.4. Formulación de proxectos e investigacións matemáticas escolares, en contextos numéricos, xeométricos, funcionais, estatísticos e probabilísticos, de xeito individual e en equipo. Elaboración e presentación dos informes correspondentes.
  • B1.5. Práctica dos procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade e en contextos matemáticos, de xeito individual e en equipo.
  • B1.6. Confianza nas propias capacidades para desenvolver actitudes axeitadas e afrontar as dificultades propias do traballo científico.
  • B1.7. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para:

    –  Recollida ordenada e a organización de datos.

    –  Elaboración e creación de representacións gráficas de datos numéricos, funcionais ou estatísticos.

    –  Facilitación da comprensión de conceptos e propiedades xeométricas ou funcionais e a realización de cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico.

    –  Deseño de simulacións e  elaboración de predicións sobre situacións matemáticas diversas.

    –  Elaboración de informes e documentos sobre os procesos levados a cabo e os resultados e as conclusións obtidos.

    – Consulta, comunicación e compartición, en ámbitos apropiados, da información e das ideas matemáticas.
  •  B5.1. Frecuencias absolutas, relativas e acumuladas.

  • B5.2. Organización en táboas de datos recollidos nunha experiencia.

  • B5.3. Diagramas de barras e de sectores. Polígonos de frecuencias; diagramas de caixa e bigotes

  • B5.4. Medidas de tendencia central.

  • B5.5. Medidas de dispersión.

  • B5.6. Utilización de calculadoras e ferramentas tecnolóxicas para o tratamento de datos, creación e interpretación de gráficos e elaboración de informes.

Traballo final. Como é o/a alumno/a típico/a da miña clase?

En cada páxina aparecerán os contidos que deberás aprender e irás realizando distintos exercicios para desenvolver o proxecto final que, como dixemos, consiste nun traballo de investigación estatística para averiguar as características dos teus compañeiros e das túas compañeiras de clase.

Estas son as especificacións que debe cumprir o traballo.

Recursos para o traballo

Como axuda para o tratamento dos datos en cada tarefa haberá un video explicativo.

Avaliación

Cada unha das tarefas avaliables (identificadas como Tarefa 1.1, Tarefa 1.2 etc) irán acompañadas dunha rúbrica que aclará que é o que se pide e como vai ser avaliado.