Saltar navegación

Medidas de dispersión.

Tes que saber

Os parámetros de centralización vistos anteriormente reducen a información recollida a un só valor. Estas medidas centrais serán máis ou menos representativas dos valores da variable dependendo da dispersión destes valores respecto do valor central. Para analizar a representatividade das medidas de centralización defínense as chamadas medidas de dispersión que nos indicarán se os nosos datos se atopan moi ou pouco esparexidos ao redor do seu centro. Pódense definir entón, diversas medidas de desviación ou dispersión:

  • Rango ou percorrido: é a diferenza entre o valor máximo e o mínimo que toma a variable.
  • Percorrido intercuartílico: é a diferenza entre o primeiro e terceiro cuartil.

Definición percorrido intercuartílico.

  • Varianza: é o promedio dos cadrados das desviacións dos valores respecto da media:

Definición varianza

 A varianza non se pode comparar coa media xa que unha ten unidades lineais e a outra cadradas polo que se define a:

  • Desviación típica: como a raíz cadrada da varianza:

Definición desviación típica.

Neste curso aprenderás a calcular o rango, en cursos posteriores traballarás co resto dos parámetros de dispersión.

Exemplos

Preguntámoslle a 25 alumnos/as sobre o número de horas á semana que facía deporte e obtivemos:

0 1 1 3 5
4 2 4 7 12
3 6 3 7 0
15 2 5 7 3
4 9 1 3 0

Para calcular o rango buscamos o valor máximo, neste caso 15 e o valor mínimo 0 e restámolos:

Cálculo do rango ou percorrido.

Que aprendiches?

Quixemos saber cantos pisos tiñan os edificios nos que vive o alumnado de 4º A e obtivemos as seguintes respostas:

1 6 4 5 4
8 5 1 2 3
5 8 1 7 4
1 2 3 7 9
2 6 9 2 4

O percorrido desta mostra é:

Habilitar JavaScript