Saltar navegación

Ideas fundamentais

Tes que saber.

  • Poboación é un conxunto de elementos que son obxecto de estudo estatístico. Mostra é unha parte representativa da poboación.
  • Caracter estatístico é calquera propiedade que se pode estudar nunha poboación e que nos permite clasificar aos seus individuos.
    • Caracter estatístico cualitativo: os valores que toma son cualidades, non se pode contar ou medir. Cada un dos valores que pode tomar chámase modalidade.
    • Caracter estatístico cuantitativo: os valores que toma son cantidades, pódense contar ou medir e o conxunto de valores que pode tomar chámase variable estatística. E poden ser:
      • Discreta: cando toma valores aislados.
      • Continua: cando pode tomar todos os valores dentro dun intervalo.

  • A media aritmética de n datos represéntase por e calcúlase:

Se temos os valores con frecuencias  , entón a media calcúlase:

  • A mediana dun conxunto ordenado de datos é o valor da variable que deixa igual número de datos por enriba que por baixo del.
  • A moda e o valor da variable que ten maior frecuencia.

Etapas dun estudo estatístico.

Os estudos estatísticos teñen varias fases:                                            imaxe frechas.

  1. Determinar que e a quen se quere estudar.
  2. Establecer como se vai a recoller a información.
  3. Recoller os datos que precisamos.
  4. Ordenar e tabular os datos obtidos.
  5. Representar graficamente.
  6. Calcular as medidas que resuman a información.
  7. Divulgar os resultados.