Terceira fase: Ensaio e gravación no estudio

     Xa rematada a composición, procedeuse á distribución de partituras para cada instrumento: piano, frauta, violín, trombón, baixo eléctrico e batería. Houbo primeiramente horas de ensaio individual de cada instrumento para pasar logo ao ensaio colectivo. Na parte vocal fíxose unha selección das voces principais, escolleuse a unha alumna e a un alumno para actuar de protagonistas da historia, e das voces que ían interpretar o coro da canción. Comezamos co ensaio das voces, primeiro das solistas e despois as que forman parte do coro. O paso final foi o ensaio conxunto de voces e instrumentos.

     Tras varias horas de ensaio no centro, fomos ao estudio de Arturo Vaquero Taboada (Friol) para proceder á gravación da canción dunha maneira profesional e así ter a posibilidade de mostrar a todo o mundo o excelente traballo feito polos alumnos e alumnas.