Clase maxistral: "Simone de Beauvoir e o feminismo"
A partir da lectura reflexiva de O segundo sexo de Simone de Beauvoir, que inaugura o feminismo contemporáneo, a alumna de primeiro de bacharelato, Andrea Estrella Arias Díaz, comprometeuse a divulgar entre o alumnado da ESO a figura, obra e meditación desta filósofa. A experiencia principiou co alumnado de cuarto de ESO e tivo continuidade até final de curso noutras aulas. O formato adoptado foi o dunha clase maxistral cun cuestionario distribuído ao final da mesma entre o alumnado para avaliar a súa aprendizaxe. Os obxectivos son catro:
- Presentar e divulgar a vida, obra e pensamento de Simone de Beauvoir.
- Achegar ao alumnado da ESO o interese que espertou a filosofía feminista nalgúns compañeiros e compañeiras de primeiro de Bacharelato.
- Estimular a transmisión de coñecementos entre iguais.
- Difundir a explicación do contido filosófico correcto do concepto de feminismo.
Para lograr estes obxectivos, a alumna deseñou unha clase maxistral estruturada en catro partes:
- Presentación e bio-bibliografía de Simone de Beauvoir.
- Ideas principais de O segundo sexo e o contido do feminismo de Simone de Beauvoir.
- Características dunha relación de parella cualificable como boa desde o punto de vista da igualdade.
- Presentación e comentario dos números que reflicten a realidade da violencia de xénero.
A clase maxistral tivo boa acollida entre o alumnado ao ser unha igual quen a impartiu.
Relatorio: "Simone de Beauvoir e o feminismo"
Accedede ao relatorio.
Cuestionario de comprensión
Accedede ao cuestionario.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Sin obra derivada 3.0