Reflexionamos sobre modelos de parella

Ocultar

   Tras a charla-coloquio "Moral  e sexo. Modelos de relación de parella" de Luís G. Soto, profesor de Filosofía Moral e Política da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiado de Compostela, o alumnado realizou unha serie de actividades de comprensión, análise e indagación sobre os modelos de sexualidade e moralidade, e os seus efectos sobre os esquemas de percepción da realidade de xénero e as conseguintes actitudes adoptadas polos individuos. A esta fase de exploración e aproximación teórica,  seguiron debates, exposicións e expresións pictóricas, musicais e literarias.

Primeira tarefa: Reflexionamos

Ocultar

       O alumnado realizou un esquema compartido sintetizando o contido do relatorio do profesor Soto sobre os modelos de parella e a proposta de un modelo moralmente bo. 

       Accede ao esquema en Google Drive: https://docs.google.com/presentation/d/1yEnHTbRe5SYR6kBY2djVgvSLmfYketd4UpV7rYLa6Lg/edit?usp=sharin

Segunda tarefa: Analizamos

Ocultar

     Facilitouse ao alumnado un elenco de cancións e obras pictóricas significativas para que analizasen o modelo de parella: tradicional, romántica, liberal, libertina, socialista, feminista, psicoanalítica. Sometéronse a debate os criterios de clasificación.