Divulgamos un novo sentido do amor

Ocultar

      A partir da lectura reflexiva de El laberinto sentimental, Anagrama, Barcelona, 1996, do filósofo José Antonio Marina, a alumna de primeiro de bacharelato, Andrea Pereira Castro, elaborou unha coidada presentación do seu contido e das meditacións filosóficas que espertaron nela. Os obxectivos da presentación son tres.

  • Presentar os significados, elementos e condicións de posibilidade da experiencia do amor.
  • Explorar, intercambiar e compartir ideas alleas e propias sobre o concepto de amor
  • Invitar ao espectador á reflexión filosófica creativa sobre o amor.

     O traballo presentouse con éxito nas aulas. Espertou vivos debates e nos coloquios subseguintes axudou a verbalizar ideas, experiencias e actitudes de xénero aínda non tematizadas explicitamente.