Charla-coloquio: "Modelos de parella"

Ocultar

      A charla-coloquio "Moral  e sexo. Modelos de relacións de parella" de Luís G. Soto, profesor de Filosofía Moral e Política da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, celebrada no salón de actos o día 21 de xaneiro de 2016 diante de tres grupos de primeiro de bacharelato, tivo catro obxectivos:

  • Desvelar as relacións entre sexualidade e moralidade.
  • Presentar os modelos de relacións de parella que se deron na historia e a reflexión filosófica realizada sobre eles.
  • Fornecer de conceptos e argumentos para desconstruír os esquemas de dominación dentro da parella.
  • Invitar á reflexión persoal sobre o modelo de parella óptimo e preferible entre pares.

       Tras a charla-coloquio e a partir da lectura do capítulo 18 “El amor” do libro Pequeño tratado de las grandes virtudes, Paidós, Barcelona, 2009, do filósofo André Comte-Sponville, un grupo de catro alumnos de primeiro de bacharelato suxeriu a elaboración dun cuestionario que abordase as relacións de parella desde un punto de vista orixinal. O cuestionario ten tres partes: reflexión filosófica sobre o amor, coñecemento da túa parella, autocoñecemento.

      Os obxectivos do cuestionario son dous.

  • Espertar a reflexión persoal sobre o amor a partir de breves pensamentos filosóficos.
  • Tomar consciencia da posición dun/dunha mesmo/a dentro e fóra da parella.

      Este cuestionario foi cuberto on-line. Os resultados presentáronse nas aulas de primeiro de Bacharelato para o seu comentario posterior.

Fotos da charla de Luís Soto no centro

Ocultar

Cuestionario: "As relacións amorosas"

Ocultar

Resultado da enquisa en gráficas

Ocultar