Construíndo un modelo de parella
Estándares de aprendizaxe e competencias clave
Estándares de aprendizaje
- Sintetiza por escrito textos orais de carácter expositivo, de temas especializados e propios do ámbito educativo, discriminando a información relevante.
- Recoñece as formas de organización do contido nunha exposición oral sobre un tema especializado propio do ámbito educativo ou de divulgación científica e cultural, analiza os recursos verbais e non verbais empregados polo emisor, e valóraos en función dos elementos da situación comunicativa.
- Escoita de xeito activo, toma notas e suscita preguntas coa intención de aclarar ideas que non comprendeu nunha exposición oral.
- Analiza os recursos verbais e non verbais utilizados polo emisor dun texto xornalístico oral ou audiovisual, valorando de forma crítica a súa forma e o seu contido.
- Sintetiza textos de carácter expositivo, de tema especializado, propios do ámbito educativo, distinguindo as ideas principais e secundarias.
- Interpreta instrumentalmente ou vocalmente, con total precisión dentro dun tempo establecido, estruturas rítmicas adecuadas a este nivel dunha obra ou un fragmento, sentindo internamente o pulso e aplicando, se procede, as equivalencias nos cambios de compás.
- Coñece o repertorio traballado e ten capacidade de memorización, sensibilidade musical e capacidade expresiva
- Utiliza os instrumentos da aula cunha técnica correcta.
- Avalía as súas propias producións escritas e as dos/das seus/súas compañeiros/as, recoñecendo as dificultades estruturais e expresivas, e deseñando estratexias para mellorar a súa redacción e avanzar na aprendizaxe autónoma.
- Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para a realización, a avaliación e a mellora de textos escritos propios e alleos.
- Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
Competencias clave
CCL, CD, CAA, CSC, CSIEE, CCEC.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Sin obra derivada 3.0