Segunda fase: Creación da letra

Ocultar

     Unha vez creada a parte instrumental, incitamos ao alumnado a elaborar unha letra que encaixase na melodía. Coma nas actividades de carácter creativo, abriuse un foro para debater propostas e enfoques para a canción. Someteuse logo a análise e concordouse a composición que mellor se adaptaba aos criterios establecidos. O banco de recursos creado con Pearltrees que estabamos a facer  permitiunos ter unha interesante colección de cancións vinculadas á violencia de xénero. A recompilación permitiu abrir un debate incitando á reflexión sobre actitudes de control, machismo, estereotipos e roles e poñer en cuestión comportamentos discriminatorios socialmente normalizados.

      Finalmente decidimos verter nunha antoloxía todas as cancións presentadas e ademais ilustrala. Un flipbook dá coherencia e dinamismo ao libro.