INFORMAMOS E ANALIZAMOS

      A información e a análise xira arredor da asignación de roles e estereotipos de xénero. Tratamos, xa que logo, de presentar e analizar as alternativas conceptuais e de experiencia ao naturalismo dominante que fixa univocamente que é amor, parella e, dun xeito ideolóxico, que é muller. Buscamos estudar cales son os efectos que sobre os corpos e as condutas das mulleres exercen os discursos de dominación, e cales foron (e son) as tentativas histórico-filosóficas de re-significar a vivencia de si mesmas.