Relatorio: "Desaprendamos"

     A charla de María Pilar Díaz Burgos, técnica do Centro de Recuperación Integral para Mulleres vítimas de violencia de xénero (CRI) da Secretaría Xeral de Igualdade, celebrada o día 3 de maio para o alumnado de cuarto de ESO incidiu e deitou luz sobre dous aspectos fundamentais do noso traballo:

  • A dificultade de desaprender os roles e estereotipos que conducen ao maltrato (físico, psicolóxico e moral).
  • A información e análise de casos reais de mulleres maltratadas e as vías de intervención (administrativas, policiais e xudiciais) para solucionar o problema.

      O relatorio tivo boa acollida e, ao remate, unha parte do alumnado quixo coñecer máis polo miúdo o traballo de prevención, asistencia e axuda ás vítimas de violencia de xénero realizado pola ponente.

Foto: María Pilar Díaz Burgos no salón de actos do IES Ánxel Fole