Sobre este REA
O presente REA expón as principais características das antigas civilizacións fluviais (Mesopotamia e Exipto) así como da antiga China e a India. Partindo da súa situación xeográfica e dunha liña do tempo, o alumnado poderá conectar os coñecementos sobre sociedade, arte e relixión destas antigas civilizacións coa súa realidade e cos problemas actuais, buscando unha adquisición do coñecemento significativa.
O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade.
Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá expoñer, a partir de tres posibilidades de elaboración (presentación, vídeo ou maqueta), os principais aspectos de cada unha das catro civilizacións estudadas. A avaliación realizarase a través das rúbricas proporcionadas, así como a mediante a retroalimentación a partir do diario de aprendizaxe e das actividades propostas.
O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poida conectar os contidos da unidade coa súa realidade, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para ter un desenvolvemento sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.