Saltar navegación

1. Descrición xeral

Na procura das civilizacións perdidas

O presente REA (Recurso Educativo Aberto) vai dirixido ao alumnado da materia de Xeografía e Historia de 1º da ESO. Os seus contidos céntranse no estudo das civilizacións da Antigüidade desenvolvidas en Asia e África, con especial atención á civilización exipcia, así como ás súas principais manifestacións artísticas. A través deste recurso, o alumnado achegarase ás características históricas, sociais, culturais e artísticas destas civilizacións, favorecendo unha comprensión global do seu legado e da súa influencia na historia da humanidade. Para lograr os obxectivos e acadar as competencias necesarias, o REA formula un reto no que o alumnado deberá empregar todos os coñecementos adquiridos durante as fases anteriores do recurso. Así, a través dos textos contidos no REA como no material descargable, o alumnado aprenderá a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades nas primeiras civilizacións da Antigüidade, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.

Ademais, o REA está pensado para traballar de xeito transversal a sostibilidade e os ODS da Axenda 2030, en concreto o número 4 (Educación de calidade), o número 5 (Igualdade de xénero), o número 6 (Auga limpa e saneamento), o número 7 (Enerxía accesible non contaminante), o número 11 (Cidades e comunidades sustentables) e o número 17 (Alianzas para acadar obxectivos)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)