Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 1 publicada na plataforma dende 2022 ata xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

A proposta de REA de cREAgal organiza as unidades didácticas, ou partes delas, en diversos recursos, creando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa contempla un total de oito REA.

No caso da UD 4, esta divídese en dúas partes que se desenvolven en dous REA distintos, ambos situados no primeiro trimestre, polo que o reparto é axeitado e mantén a coherencia temporal prevista.

O REA 3 integra as UD 3 e 5, programadas na proposta Proens no primeiro e segundo trimestre respectivamente. A súa realización coincidirá co cambio de trimestre, polo que a distribución é viable e encaixa dentro da secuencia global do curso. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos" UD1 O planeta Terra e a súa representación
UD4 Os medios naturais (primeira parte)
CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 2: "Sol, auga e plantas" UD2 Climas da Terra
UD4 Os medios naturais (segunda parte)
CA1.3, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 3: "Un planeta en apuros" UD3 Emerxencia climática
UD5 O impacto humano sobre o medio natural
CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.8, CA2.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.8 10% 1º e 2º trimestre
REA 4: "Expoñendo a prehistoria" UD6 As sociedades prehistóricas CA1.1, CA2.2, CA2.3, CA2.5, CA2.6 10% 2 trimestre
REA 5: "Na procura das civilizacións perdidas" UD7 A Antigüidadade en Asia e África
UD8 A civilización Exipcia
CA1.1, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA3.5, CA3.7 20% 2º trimestre
REA 6: "Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas" UD9 A Hélade CA1.1, CA1.8, CA2.2, CA2.7, CA2.8, CA3.6 10% 3º trimestre
REA 7: "Que fixeron os romanos por nós?" UD10 Roma
UD12 As expresións artísticas na Antigüidade
CA1.1, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.7 15% 3º trimestre
REA 8: "Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo" UD11 Os pobos bárbaros CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.4, CA3.5 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica artéllase a través dos seguintes eixes:

  • Traballo colaborativo e individual para acadar unha reflexión e coñecemento profundo sobre os contidos.
  • Impulsar o coñecemento e conciencia sobre a necesidade dun mundo sustentable a través do traballo cos ODS da Axenda 2030.
  • Partir do local para o coñecemento global e a identificación do alumnado cos contidos estudados.
  • Concienciar sobre o papel da muller ao longo da Historia e a necesidade dunha sociedade xusta e igualitaria.

O REA está pensado para traballar de xeito transversal a sostibilidade e os ODS da Axenda 2030, en concreto o número 4 (Educación de calidade), o número 5 (Igualdade de xénero), o número 6 (Auga limpa e saneamento), o número 7 (Enerxía accesible non contaminante), o número 11 (Cidades e comunidades sustentables) e o número 17 (Alianzas para acadar obxectivos).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA está baseado na programación didáctica que PROENS propón para a materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO.

O material recolle contidos do bloque 2, en concreto os das unidades 7 (A Antigüidade en Asia e África) e 8 (A civilización exipcia).

Contidos Bloque da materia
  • Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais. Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. 
Bloque 1
  • Condicionantes xeográficos e interpretacións históricas do xurdimento das civilizacións. As grandes rutas comerciais e as estratexias polo control dos recursos: talasocracias e imperios, conquista e colonización.
  • Complexidade social e nacemento da autoridade. Desigualdade social e disputa polo poder na Antigüidade.
  • As persoas invisibilizadas da historia: mulleres, escravos e estranxeiros. Marxinación, segregación, control e submisión na historia da humanidade. Personaxes femininos na historia. A resistencia á opresión.
  • A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo antigo: democracias, repúblicas, imperios e reinos. Evolución da teoría do poder.
  • O papel da relixión na organización social, a lexitimización do poder e a formación de identidades: politeísmo, monoteísmo e o xurdimento das grandes relixións.
  • A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social na Antigüidade.
Bloque 2
  • Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX6
Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX7
Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia Plurilingüe (CP) CP3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)  STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL2, CCL3, CCL5 
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4, 
Competencia emprendedora (CE) CE1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)