Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizar en 15 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS  para a materia de "Xeografía e Historia" de 1º de ESO,  englóbase no  segundo trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización
1. Unha viaxe no tempo Unha viaxe no tempo Sesión de motivación e presentación da tarefa. 1 sesión
2. Repasando o que xa sabemos A que che soa? Sesión de repaso de coñecementos previos 1 sesión
3. Coñecendo as civilizacións da Antigüidade

3.1 Cando e onde?

  • Mesopotamia
  • Exipto
  • China
  • A India

3.2 Sociedade e economía

  • Aspectos comúns
  • Particularidades
  • A vida diaria

3.3 Relixión

  • A relixión en Mesopotamia
  • A relixión no antigo Exipto
  • A relixión na antiga India
  • A relixión na antiga China

3.4 Cultura e arte nas civilizacións antigas

  • Cultura e arte en Mesopotamia
  • Cultura e arte no antigo Exipto
  • Cultura e arte na antiga India
  • Cultura e arte na antiga China

Sesións dedicadas a ensinanza e asimilación dos contidos. Búscase que o alumnado participe de xeito activo no proceso de ensino-aprendizaxe e a reflexión consciente, especialmente para relacionar os contidos partindo dunha visión local ata o global.

Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto planeado na situación de aprendizaxe.

7 sesións

4. Remataches a túa viaxe: o reto final

Reto final Sesións dedicadas á realización do reto final na modalidade que escolla o alumnado. Preténdese que este reto sexa unha plasmación de todo o aprendido durante a unidade e que o alumnado sexa capaz de sintetizar de xeito coherente, claro e eficaz os coñecementos adquiridos. 5 sesións
5. Conclusión De volta á casa Sesión de reflexión e autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)