Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Este REA está inxerido dentro do proxecto cREAgal que está pensado para crear e ofrecerlle aos docentes recursos educativos en aberto. 

Como cremos que os alumnos e alumnas aprenden mellor cando teñen un papel protagonista no proceso de aprendizaxe, este REA está confeccionado seguindo unha metodoloxía activa e participativa, baseada nos seguintes aspectos:

  • Primarase a flexibilidade e para tal finalidade proporanse actividades multinivel, cun enfoque metodolóxico personalizado.
  • Os e as estudantes serán parte activa no proceso de ensinanza-aprendizaxe e converteranse no auténtico centro del.
  • Fomentarase polo tanto a autonomía dos estudantes e a súa capacidade de auto-aprendizaxe (aprender a aprender).
  • A aprendizaxe será:
    • significativa pois a estrutura dos coñecementos previos condiciona os novos.
    • primordialmente práctica e estará baseada na resolución de problemas (retos).
    • funcional, con aplicación a situacións reais e conectadas coa contorna do alumnado.
  • Os contidos traballaranse dun xeito operativo, práctico e comprensible, contextualizados na situación de aprendizaxe proposta.
  • Favorecerase a adquisición de coñecementos relacionados entre si, abordados cun enfoque multicausal e favorecendo as estratexias interdisciplinares.
  • Traballarase tanto de maneira individual como colectiva, promovendo a reflexión persoal por un lado e as dinámicas grupais de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo polo outro.
  • Terase en conta en todo momento unha perspectiva coeducativa, na que as nenas estean nun plano de igualdade cos nenos, especialmente nas dinámicas de participación grupal.
  • Fomentarase o emprego das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • Empregaranse estratexias para traballar transversalmente os aspectos máis variados, dende a comprensión lectora ata a competencia dixital.
  • Todo o proceso contará cunha retroalimentación e avaliación permanente.
  • Respectaranse os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado (DUA).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)