Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os recursos materiais necesarios para que o alumnado desenvolva con éxito a proposta didáctica son:

- O caderno de aprendizaxe, en formato físico ou dixital.

- Un dispositivo electrónico onde poder utilizar aplicacións de ofimática para buscar información, visualizar imaxes e realizar as actividades propostas no REA.

- Para o reto final, dependendo da opción escollida: material de papelería (pegamento, cartolina, rotuladores, pinturas etc.), un ordenador que permita a edición de son e vídeo.

 Non se require material específico ou especializado para a realización de ningunha das actividades e todos os medios deberían estar dispoñibles en calquera tipo de centro educativo.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Para as actividades relacionadas co reto final, o alumnado dividirase en catro grupos, cada un encargado dunha das civilizacións estudadas.

Recoméndase un reparto equilibrado, tanto en número como nas capacidades do propio alumnado, para evitar descompensacións á hora de realizar as actividades e da carga de traballo dentro do propio grupo.

Será o profesor ou profesora o encargado de distribuír o alumnado nos grupos.

Para a posta en común dos resultados das actividades, recoméndase facelo a través do grupo-clase, aínda que é posible facelo a través de grupos máis pequenos.

Produtos finais

O produto final deste REA consiste en catro formas de exposición para as catro civilizacións estudadas.

O alumnado elaborará una maqueta, vídeo ou presentación sobre cada unha das civilizacións, en grupo e a través do traballo colaborativo, que recollerá todos os coñecementos adquiridos durante a unidade.

Este produto será exposto, ben na aula ou noutro espazo dispoñible no centro educativo, para compartilo co resto do alumnado.

Enfoque multinivel do reto

As actividades do REA contemplan diferentes niveis de dificultade para o alumnado. Do mesmo xeito, o reto final propón tres alternativas para escoller que tipo de produto quere facer o alumnado:

  • O primeiro, e cun menor nivel de dificultade, sería unha presentación coas principais características das civilizacións.
  • O segundo, sería un vídeo.
  • O terceiro sería unha maqueta ou diorama que recolla unha escena na que se podan identificar todas as características, así como o material explicativo correspondente.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)