Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación tomando como referencia a proposta de PROENS
| Códigos CA | Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (PROENS) |
% (Orientación de PROENS) |
|---|---|---|---|---|---|
| CA2.7 | Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal. |
|
PE (en PROENS) |
7 e 8 | 70 |
| CA2.6 | Identificar, interpretar e analizar os mecanismos que regularon a convivencia e a vida en común ao longo da historia, desde a orixe da sociedade ás distintas civilizacións que se foron sucedendo, sinalando os principais modelos de organización social, política, económica e relixiosa que se foron xestando. |
|
8 | ||
| CA1.1 | Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado. |
|
TI | 7 e 8 | 30 |
| CA3.5 | Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos. |
|
7 | ||
| CA2.5 |
Representar adecuadamente información histórica a través de diversas formas de representación gráfica, cartográfica e visual. |
|
8 | ||
| CA3.7 | Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos |
|
8 | ||
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||