Saltar navegación

3. Guía de uso

Antes de comezar.

No mundo actual, onde a información flúe por milleiros, é máis importante que nunca aprender a discernir entre a verdade e a mentira. As novas falsas, ou Fake News, proliferan na Internet e redes sociais, e poden ter un impacto negativo nas nosas decisións e opinións. Con este REA, o alumnado de 5º de Educación Primaria poderá desenvolver as habilidades necesarias para navegar polo mar de información de forma crítica e responsable.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda o proceso de creación dunha infografía, tendo como contido principal a identificación e análise de novas falsas (Fake News). Desenvolverá o pensamento crítico e a capacidade para analizar información, ademais de aprender a verificar fontes e detectar rumbos e manipulacións, axudando a xerar conciencia sobre a importancia da información veraz. Por último, ao compartir o coñecemento, mellorarán as habilidades de comunicación e deseño visual. 

Pretendemos así, que o profesorado que queira empregar este recurso na aula, teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para dotar de funcionalidade, non só as aprendizaxes da área principal de Lingua Castelá e Literatura senón tamén da área de Ciencias Sociais. Esta relación pretende facer que o profesorado poida traballar de maneira transversal ambas áreas e nutrirse das actividades que se realizan de xeito simultáneo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)