Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

A creación deste REA (Recurso Educativo Aberto) englóbase no marco do proxecto cREAgal que se pode consultar na guía do proxecto.

área de Lingua Castelá e Literatura, xunto coas de Lingua Galega e Literatura e Lingua Inglesa, son esencialmente instrumentais nas vidas do noso alumnado cun gran peso social. É por iso que neste REA o reto que se propón achega ao alumnado a aspectos sociais do seu interese e propios deste século XXI, coa finalidade de mellorar a súa capacidade de análise da información e da súa actitude crítica, activa e participativa como parte dunha sociedade.

Por unha banda, no que respecta á proposta metodolóxica para a materia segundo o aplicativo PROENS, pódense destacar as seguintes liñas:

  • Aprendizaxe cooperativa: o deseño de tarefas en grupo require comunicación entre iguais, escoita de ideas, aprendizaxe de normas de convivencia, etc. que potencian o desenvolvemento da linguaxe; permitindo a cada individuo desenvolver as súas capacidades específicas.
  • Aprendizaxe significativa: as propostas terán unha vinculación directa co alumnado de forma que sexa algo vinculado coa súa realidade.
  • Ensinanza individualizada: complementariamente ao traballo cooperativo, o equipo docente proporcionará tarefas e ensinanzas a cada unha das persoas da aula en función das súas capacidades e necesidades.
  • Entorno multimedia: a linguaxe está presente en distintos formatos como por exemplo: directo, a través de material impreso, a través de medios electrónicos visuais e sonoros. Desenvolveranse destrezas de comunicación oral e escrita nestes distintos soportes de maneira equilibrada.
  • Autoavaliativo: nas tarefas individuais, así como nas colectivas, será o propio alumno e alumna quen revise e avalíe a súa produción na busca de erros e de mellora comunicativa.
  • Progresividade e consolidación: todo o aprendido en cada momento vai enriquecer o xa adquirido anteriormente. Deste xeito irán enriquecendo as capacidades comunicativas, e o desenvolvemento curricular no curso reforza e enriquece o adquirido no curso anterior.
  • Alfabetización mediática e informacional: dedicarase unha porcentaxe de tempo non inferior ao 25% á aprendizaxe e práctica de procura de información, de coñecemento da organización dos contidos (na biblioteca, en internet, en sitios web específicos...) e no desenvolvemento competencial no manexo de ferramentas TIC no proceso de construción do coñecemento de forma activa por parte do alumnado.

Por outra banda e de forma complementaria á proposta anterior, atopamos a concreción metodolóxica deste REA cas seguintes liñas centrais:

  • O uso dunha temática significativa e relacionada coa súa realidade, que está vinculada a aspectos de interese para o alumnado e que contribúe a alcanzar os obxectivos de área a través do reto que se propón.
  • Accesibilidade cognitiva a través de DUA, o permite a eliminación de barreiras ao incluír aspectos como lectura facilitada, contido alternativo en formato audio e tamén a posibilidade de apoio visual.
  • Inclusión e diversidade na aula e a personalización da aprendizaxe dada a oferta de actividades multinivel, as plantillas en formato ecolóxico e imprimible... opcións na representación, expresión e participación (tanto en formatos como en estilos).
  • Atender aos distintos estilos e ritmos de aprendizaxe nas propostas de realización das distintas tarefas.
  • Autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe, no que o erro forma parte da aprendizaxe e o carácter competencial dos criterios de avaliación permiten atender tanto ao produto final esperado como aos procesos e actitudes. A autoavaliación e retroalimentación colectiva é construtiva e permite a mellora de xeito progresivo.
  • Usar distintas modalidades de agrupamento: traballo individual, en pequeno grupo ou en gran grupo para favorecer as interaccións do grupo-aula.
  • Promover a alfabetización mediática e informacional, dedicándolle unha porcentaxe de tempo non inferior ao 25% á aprendizaxe e práctica de procura de información, de coñecemento da organización dos contidos (na biblioteca, en Internet, en sitios web específicos...) no proceso de construción do coñecemento de forma activa por parte do alumnado.

Finalmente, engadir que o proceso de desenvolvemento desta situación de aprendizaxe, cas dúas propostas metodolóxicas en conxunto, pretende favorecer no alumnado a súa capacidade creativa, ademais de darlle a importancia do impacto que xera o resultado obtido na súa comunidade educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)