Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade/s didáctica/s (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos. |
Identifica nun texto oído de 100/150 palabras o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
8 % |
|
CA2.3 - Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos. |
Expresa as súas ideas con claridade e cun vocabulario axeitado en situacións propostas na clase. |
TI |
UD3 |
8 % |
|
CA2.5 - Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir das experiencias e interaccións orais próximas. |
Expresa con claridade e cun vocabulario axeitado vivencias recentes. |
TI |
UD3 |
8 % |
|
CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal. |
Expresa a súa valoración persoal sobre un texto escrito seleccionado por ela/el mesma/o. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
8 % |
|
CA3.3 - Utilizar estratexias para a comprensión lectora de textos de diversa tipoloxía, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. |
Indentifica palabras clave en textos breves. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
8 % |
|
CA3.4 - Analizar, de maneira progresivamente autónoma, o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura. |
Clasifica diferentes textos en función do contido e da presencia ou non de elementos paratextuais. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
8 % |
|
CA3.6 - Producir textos escritos e multimodais coherentes e sinxelos, en distintos soportes, a partir do modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. |
Elabora un documento dixital cun título, un texto e unha imaxe, e todo correctamente organizado. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
8 % |
|
CA3.8 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e as virtuais, comprendendo a súa organización e colaborando no seu coidado. Interesarse por manter e ampliar unha biblioteca propia, tanto física como virtual. |
Utiliza correctamente a clasificación de libros na biblioteca na busca de destes pola súa temática. |
TI |
UD3 |
8 % |
|
CA4.1 - Desenvolver un proceso de investigación individual, sobre algún tema de interese, realizado de maneira autónoma que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes, incluídas as dixitais, mediante a adaptación creativa de modelos dados. |
Elabora un documento orixinal a partir de dúas fontes documentais diferentes. |
TI |
UD3 |
8 % |
|
CA4.2 - Compartir os resultados dun proceso de investigación sinxelo, individual ou grupal sobre algún tema de interese persoal ou ecosocial, realizado de maneira acompañada, que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes incluídas as dixitais. |
Comunica e defende un texto multimodal elaborado a partir de información obtida noutros textos. |
TI |
UD3 |
8 % |
|
CA4.3 - Utilizar a biblioteca de aula e centro para localizar lecturas axeitadas ao seu gusto persoal e intereses, aplicando as normas básicas do seu funcionamento. |
Recoñece as diferentes temáticas e a súa identificación e ubicación na biblioteca. |
TI |
UD3 |
8 % |
|
CA6.2 - Producir textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. |
Redacta textos escritos e multimodais usando de forma correcta e axeitada os adxectivos. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
6 % |
|
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Recoñece os substantivos e os adxectivos en distintos textos. |
PE (non incluída no REA) |
UD3 |
6 % |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||