Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizar en 16 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS  para a materia de "Lingua castelá e literatura" de 5º de primaria,  englóbase no primeiro trimestre, como terceira unidade didáctica.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. Mobilizar.

1. "Cazando bulos"

Sesións de motivación e presentación da tarefa de xeito que o alumnado teña interese por aprender.

1 sesión.

2. Activar.

2. "Hipatia, la primera cazadora de bulos de la historia".

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias, necesarias para a realización da tarefa.

3 sesións.

3. Explorar e estruturar.

3. "La Tierra es plana".

Sesións con actividades informativas e interactivas sobre os bulos (fake news), có obxectivo de reflexionar, deducir e completar o aprendido. 

4 sesións.

4. Aplicar e comprobar. 

4. "A la caza del bulo"

Sesións dirixidas á realización do reto proposto, amosando a asimilación das aprendizaxes adquiridas

4 sesións.

5. Concluir.

5."Cazabulos Club".

Sesión vinculada á síntese dos resultados obtidos nos retos da fase 4. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados ao resto do alumnado.

4 sesións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)