Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Neste REA inclúense todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento, tanto para o alumnado, como para o profesorado. No material inclúense modelos en dous formatos:
- Editables (.odt e .odp): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios de forma directa no caso de dispor de ordenadores, aforrando ter que imprimilos. O formato .odp é editable con LibreOffice Impress, presente na maqueta Abalar.
- Formato .pdf: teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen alteración no seu estilo, e inclusive pódense utilizar con posteriores aplicativos e convertilas en interactivas.
Todas as actividades descargables, tanto editables coma non, levan reflictido o formato no que se atopan.
Finalmente, recomendamos encarecidamente, no caso de querer imprimir o material, buscar alternativas ecolóxicas como o uso de papel reciclado, a impresión en borrador ou branco/negro para continuar poñendo o noso gran de area ao coidado do medioambiente.
Recursos complementarios
Esta guía ten como obxectivo proporcionar ao profesorado unha selección de libros recomendados que complementan a información proporcionada ao longo do REA :
Cívico, I., & Parra, S. (2018). Niñas con ciencia: 25 retratos de mujeres inspiradoras. Barcelona: Editorial Flamboyant.
Elena Favilli (2016). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes: 100 historias de mujeres extraordinarias. Barcelona: Destino.
Gil, C. (2019). Hypatia: La gran maestra de Alejandría. Madrid: Ediciones SM.
Ignotofsky, R. (2017). Mujeres de ciencia: 50 pioneras que cambiaron el mundo. Barcelona: Editorial Blume.
Mateo, M. (2019). Las chicas son de ciencias: 25 historias para soñar en grande. Madrid: La Esfera de los Libros.
VV. AA. (2019). Mujeres con ciencia: Pioneras que abrieron camino. Barcelona: Lunwerg Editores
Uve, S. (2020). Supermujeres superinventoras. Barcelona: Editorial Planeta.
Pos outra banda, có obxectivo de buscar inspiración para crear as infografías, os libros da colección "Los libros para los que aman los libros" da Editorial Maeva Young, serán de grande axuda. Neles atoparán unha ampla variedade de exemplos de infografías sobre diferentes temas, dende a historia ata a ciencia. Concretamente, estes tres libros abordan temáticas estreitamente relacionadas cós contidos da área de Ciencias Sociais traballados de xeito transversal ao longo do REA:
Druvert, H. (2021). El cielo: Troquelados y animaciones para explorar el cielo. Barcelona: Editorial Maeva Young.
Goes, P. (2022). El Sol: Contemplando el cielo desde la prehistoria hasta nuestros días. Editorial Maeva Young.
Mizielinska, A., & Mizielinski, D. (2019). Tú estás aquí. Barcelona: Editorial Maeva Young.
Categorías gramaticais
A aprendizaxe da gramática pode ser un proceso complexo e abstracto para o alumnado. Unha forma de facelo máis atractivo e efectivo, é utilizar imaxes e símbolos que representen as diferentes categorías gramaticais.
Beneficios das imaxes e símbolos:
- Fixación dos contidos: as imaxes e símbolos axudan a visualizar e comprender mellor os conceptos gramaticais.
- Motivación: o uso de materiais visuais fai que a aprendizaxe sexa máis atractiva e divertida.
- Manipulación: o alumnado pode recortar e manipular as imaxes e símbolos, o que lles permite unha aprendizaxe máis activa e participativa.
Para o caso de que sexa a primeira vez que o alumnado traballa a gramática utilizando figuras que representan as categorías gramaticais, pode colocarse na clase un cartel coa correspondencia entre figuras e categoría:
- Cartel Categorías gramaticais.odt (editable) (en castelán).
- Cartel Categorías gramaticais.pdf (nova xanela) (en castelán).
Recomendamos tamén ter figuras manipulables, doadas de facer con calquera material: plastilina, plástico, cartulina, goma eva... ou impresas en 3D, que facilitarán o traballo na aula. Compartimos un documento de axuda coas cores e medidas.
- Categorías gramaticais. Cores e medidas.odt (editable) (en castelán).
- Categorías gramaticais. Cores e medidas.pdf (nova xanela) (en castelán).
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
As actividades grupais deste reto están pensadas para unha clase con rateo 20.
Porén, pódense realizar outros agrupamentos e adaptar todas as actividades sen que afecte ao REA segundo a rateo da aula na que se utilice o recurso.
A continuación, descríbese a proposta de agrupamento para as actividades grupais que se inclúen no REA:
- Fase 3 "Debate": Fomentarase o traballo en gran grupo para a realización de debates. Esta dinámica permite o intercambio de ideas, a argumentación e a defensa de diferentes puntos de vista, promovendo a aprendizaxe colaborativa e a capacidade de comunicación.
- Fase 4 "Investiga uno de los siguientes titulares": Suxírese a técnica de traballo cooperativo "grupo de expertos" para a actividade de investigación dunha nova falsa. Esta técnica permite aproveitar as habilidades e coñecementos de cada persoa do grupo, fomentando a responsabilidade individual e a interdependencia positiva. Baséase na formación de grupos heteroxéneos, onde cada persoa convértese en experta nun tema específico, neste caso, na biografía dunha muller ao longo da historia con contribución relevante á historia. O alumnado, de xeito individual, seleccionará unha, converténdose en "expertos" na muller escollida, investigando e profundando na súa biografía. Por último, comparten o seu coñecemento co resto de persoas de equipo, quen á súa vez fixeron o mesmo coa súa escolla.
- Fase 4 "Elaboramos una infografía": a actividade foi pensada para ser desenvolta en pequenos grupos, de 3 ou 4 persoas.
Productos finais
O produto final do REA "Cazando bulos", consiste na resolución dun dos retos propostos, de xeito que creen una infografía que desmonte unha nova falsa (fake new), contrastando os feitos e achegando datos verídicos cun enfoque visual.
A análise de noticias no presente REA permite ao grupo desenvolver unha comprensión profunda da linguaxe das novas, as súas características e estruturas. Ao analizar diferentes tipos de novas, tanto para a elaboración do produto final, coma a través das actividades propostas ao longo do REA, o alumnado identifica elementos como a estrutura da nova, os tipos de fontes empregadas, o ton e o nesgo. Esta comprensión, seralles fundamental á hora de elaborar as súas propias novas no REA 6, xa que poderán aplicar este coñecemento para crear textos informativos claros, precisos e obxectivos.
Cumprir co reto final posibilitará, tamén, aprender ou afianzar o emprego de ferramentas dixitais para o deseño e composición, desenvolvendo habilidades de deseño gráfico, coma a selección de cores, tipografías, imaxes e organización espacial da información; manexo da información, aprendendo a sintetizar e organizar datos de xeito conciso, amais de transformala en información dixital; comunicación visual, desenvolvendo a capacidade de comunicar ideas e conceptos de forma visualmente atractiva; conciencia sobre a seguridade na rede, ao familiarizarse có uso responsable e seguro das ferramentas dixitais; e desenvolvendo o dominio de ferramentas dixitais, xa que aprenderán a empregar unha ferramenta específica para a creación de infografías.
Unha parte moi importante do REA é a visibilidade que se faga dos seus produtos finais, por iso, a recomendación é que sexan compartidos có resto da comunidade educativa a través das ferramentas corporativas que están a disposición do profesorado (aula virtual do centro, web do centro, Agueiro...) ou incluso, a posibilidade de facer algunha exposición no centro ou nalgunha organización con impacto social.
Enfoque multinivel do reto
- Variedade de recursos , tal como figuran no presente REA, para que o alumnado poida escoller o seu nivel de competencia.
- Os retos incluídos na Fase 4, foron deseñado para que teñan diferentes niveis de dificultade, có obxectivo de proporcionar opcións ao alumnado, e poida escoller o nivel máis axeitado a súa capacidade:
| Nivel de dificultade |
Reto da Fase 4: "Elaboramos una infografía" |
Fase 5: "La importancia de compartir nuestras investigaciones" |
|---|---|---|
| Nivel 1. Básico |
|
|
| Nivel 2. Intermedio |
|
|
| Nivel 3. Avanzado |
|
|
- Proposta de colaboración e cooperación entre o alumnado asignándolles tarefas, dentro dos grupos heteroxéneos, onde o alumnado que acade con maior facilidade as aprendizaxes, poida apoiar ao alumnado que presente dificultades.
- Empregar diferentes ferramentas de avaliación para medir a progresión do alumnado. Inclúense rúbricas para levar a cabo unha autoavaliación, coavaliación e heteroavaliación do reto da fase 4 e da actividade final da fase 5.
- Ofrecer actividades adicionais para que o alumnado máis avanzado que desexe afondar no tema do reto, neste caso 5.1. "La unión hace la fuerza", poida continuar coas súas investigacións e análise das novas, e compartilo a través do "Cazabulos Club".
Atención á diversidade
Na web de arasaacc pódese acceder a pictogramas e recursos para a comunicación aumentativa e alternativa. Entre os seus recursos, conta con variedade de ferramentas en liña que permiten a creación de material adaptado, sen instalar ningún software no computador. Como paquete instalable, ofrece “AraSuite”, un conxunto de ferramentas entre as que está “AraWord” un procesador de texto para a escritura simultánea de texto e pictogramas, o que permite a adaptación de materiais con facilidade.
Todas as publicacións e ferramentas desta web, propiedade do Gobierno de Aragón, créanse baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA), autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autoría e compártanse baixo a mesma licenza.
Transversalidade
Cando o alumnado pode conectar diferentes áreas do coñecemento, son quen de comprender mellor os conceptos e de aplicalos na súa vida acotío. Por iso, este REA atópase relacionado coa temática da Terra e o Universo da unidade 1 "O noso planeta: A Terra" e a unidade 2 "A representación da Terra" recollidas en PROENS, da área de Ciencias Sociais. Esta relación, permitirá á persoa titora poder traballar de xeito transversal ambas áreas.