Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación da materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, agrupándose as 9 unidades didácticas en 6 REA.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA01: “Ciberagentes en acción”

UD1: Cantas cousas teño que contarche!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10 %

1ºT- 32 sesións

UD2: No papel está todo escrito

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10 %

REA02: “Cazando bulos”

UD3: Leo para coñecer, para saber, para aprender, para gozar

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10 %

1ºT- 16 sesións

REA03: ¡Salvemos el planeta!

UD4: Narrando historias

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

12 %

2ºT- 31 sesións

UD6: Vou escribir o que me pasa

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

12 %

REA04: ¡Tú sí que vales!

UD5: Versos e poesía

CA3.3, CA3.4, CA4.5, CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

12 %

2ºT- 15 sesións

REA05: El juego a través de los siglos

UD7: Podemos entendernos

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12 %

3ºT- 30 sesións

UD8: Que pensas ti? Que penso eu?

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12 %

REA06: El escarabajo escolar

UD9: Ler e escribir nas pantallas

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

13 %

3ºT- 16 sesións

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de Educación Primaria:

  • Funcionamento da lingua e os seus usos, nos que o alumnado aprenderá a analizar e comprender textos informativos, así como textos multimedia (como vídeos, presentacións), desenvolvendo habilidades críticas. 

  • Comprensión de textos escritos, nos que o alumnado terá que desenvolver habilidades para comprender textos de diversa índole, identificar ideas principais, inferir significados e recoñecer detalles.
  • Produción de textos escritos no que o alumnado terá que expresarse por escrito de xeito clara e coherente, desenvolvendo a ortografía, a gramática e a redacción. Conleva o estudo e aplicación de regras gramaticais e ortográficas.
  • Comprensión de textos orais, nos que o alumnado terá que extraer información, identificando ideas principais, inferir significados...
  • Produción de textos orais, no que o alumnado terá que compartir información, expresarse con coherencia, principalmente en dúas prácticas discursivas (argumentación e exposición).
  • Produción de contidos audiovisuais e uso de ferramentas TIC, nas que o alumando terá que aprender a manexar de forma básica as ferramentas dixitais para a elaboración da infografía e saber buscar material con licenzas libres para o programa, de tal forma que se respecten os dereitos de autoría.

  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión có mundo real. En concreto, ODS 5 (lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas) e o ODS 16 (promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas). Como contribuímos? A historia das mulleres foi tradicionalmente ignorada ou minimizada. A visibilización das mulleres na historia axuda a educar á sociedade sobre o seu papel no mundo. Isto axuda a crear un futuro máis xusto e inclusivo para todos. Cando as nenas e os nenos aprenden sobre mulleres que tiveron un impacto no mundo, comezan a ver que as mulleres poden ser líderes, inventoras, artistas, científicas e todo o que queiran ser. Isto axuda a romper cos estereotipos de xénero que limitan as oportunidades das mulleres. Cando as nenas e os nenos ven a mulleres que tiveron éxito nas súas carreiras, inspíranse para perseguir as súas propias metas, promovendo o seu empoderamento. Isto axuda a crear un futuro máis equitativo para as mulleres. Polo tanto, ao incluír ás mulleres nos currículos escolares, pódese axudar ás nenas para ver que poden ter éxito en calquera área que elixan. Isto pode axudar a reducir a brecha de xénero na educación e no mercado laboral.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de educación primaria, contextualízase na terceira unidade didáctica "Leo para coñecer, para saber, para aprender, para gozar".

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos 2, 3, 4 e 6.

Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.

Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida e a comprensión lectora, permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.

Bloque 4: Alfabetización mediática e informacional. Integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa procura, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Propóñense un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e procura de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.

Bloque 6: Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.

Contidos

Bloque da materia

  • C2.1 - Contexto.
    • C2.1.1 - Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle e realidade bilingüe) na comunicación oral.
  • C2.2 - Xéneros discursivos.
    • C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
  • C2.3 - Procesos: interacción oral.
    • C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • C2.5 - Procesos: produción oral.
    • C2.5.1 - Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.

Bloque 2. Comunicación oral

  • C3.2 - Xéneros discursivos.
    • C3.2.1 - Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.
    • C3.2.2 - Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación breve.
    • C3.2.3 - Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía).
  • C3.3 - Procesos: comprensión lectora.
    • C3.3.6 - Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo a forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica destes.
    • C3.3.7 - Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e utilización desta como fonte de información e lecer.
    • C3.3.8 - Uso das bibliotecas de aula, do centro e as virtuais, mostrando coñecementos básicos da súa organización (catalogación, funcionamento) e participación en actividades de corte literario. Interese por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos físicos e virtuais.
  • C3.4 - Procesos: produción escrita.
    • C3.4.4 - Uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a expresión escrita.

Bloque 3. Comunicación escrita

  • C4.1 - Estratexias para a procura de información en fontes documentais e dixitais no contorno familiar e social.
  • C4.2 - Estratexias de comparación, clasificación e valoración crítica da información.
  • C4.3 - Identificación e valoración crítica, de forma autónoma, das mensaxes e da información recollidas e transmitidas de distintas fontes e de distintos tipos de texto.
  • C4.4 - Estratexias de elaboración de contidos a partir de información obtida noutros textos, coas convencións formais básicas.
  • C4.5 - Síntese e reelaboración de coñecementos con apoio de modelos.
  • C4.7 - Utilización progresivamente autónoma da biblioteca e dos recursos dixitais da aula ou do centro.
  • C4.8 - Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.
  • C4.9 - Estratexias para compartir experiencias de lectura que perfilen a identidade lectora.
  • C4.10 - Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.

Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional

  • C6.2 - Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
  • C6.5 - Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
  • C6.7 - Mecanismos léxicos básicos para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
  • C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.

Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

Porén, é fundamental comprender que o avance nestes aspectos lingüísticos non  debe abordarse de xeito illado; o seu tratamento debe ser integrador e globalizado, que lle permita ao alumnado, adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Isto implica a transferencia de coñecementos, habilidades e actitudes doutras áreas disciplinarias, que se reflicten nestes bloques interconectados. 

Así, este enfoque aborda de xeito transversal os seis bloques, enfocándose especialmente nos seguintes obxectivos da materia.

Obxectivos

Descrición

OBX2

Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBX4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX9

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL).

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP).

CP2

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM).

STEM1, STEM2

Competencia dixital (CD).

CD1, CD2, CD3, CD4

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA).

CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5

Competencia cidadá (CC).

CC2, CC3

Competencia emprendedora (CE).

CE1, CE3

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)