ℝacionaliza tu monte
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 —dun total de 8— elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe ten como fío condutor a xestión e o estudo do monte galego. Traballando de forma individual e en equipo, o alumnado traballará os conceptos de números racionais, potencias e raíces, aplicándoos de xeito directo a situacións reais relacionadas coa enxeñería forestal e o medio natural.
A través da análise de datos sobre o terreo, o estudantado descubrirá como as ferramentas aritméticas permiten cuantificar e organizar o aproveitamento dos recursos naturais. Utilizará as fraccións e as operacións con potencias para calcular densidades de plantación, taxas de crecemento e volumes de biomasa, comprendendo que o rigor no cálculo é fundamental para garantir a sostibilidade dos nosos bosques. Ademais, aproximarase ao uso das raíces para resolver problemas métricos e de distribución espacial en parcelas forestais.
O reto final consiste en elaborar un proxecto integral para a rehabilitación dunha parcela forestal da túa contorna. Para iso, deberá aplicar os coñecementos sobre números reais no deseño dun plan de reforestación, determinando a viabilidade económica e ambiental da proposta. Cada equipo presentará o seu plan detallando as estimacións matemáticas empregadas, demostrando como a precisión numérica se converte nunha ferramenta esencial para o coidado, a conservación e o desenvolvemento do sector forestal en Galicia.